¿GÜRTEL EN OURENSE?
Sempre, día a día, atoparedes noticias novas; o GÚRTEL de ser unha trama que lixaba a imaxe do PP coas súas conexións co poder, pasa agora a ser unha arma interna do PP.
No réxime de Franco atacábase os inimigos acusándoos de roxos e masóns; agora os novos cachorros do poder acusan a calquera que lles poida estorbar no seu camiño triunfal de estar implicados na trama corrupta de GÜRTEL.
Aínda que Baltar sexa un lobo con pel de ovella, sen que a miña intención sexa defendelo: resúltame sospeitoso que publiquen a noticia como algo transcendente, e o mesmo Feijoo pida unha investigación.
Posiblemente Baltar tivera que ver con GÜRTEL; o mesmo que el outros cargos do PPg, incluído o mesmo Feijoo. GURTEL engordou na sobra do PP e moi poucos cargos do PP poden cuspir sen que lles caia enriba o cuspe. Feijoo se quere axustarlle as contas a Baltar debera buscar outra munición.
Era Crespo Secretario Xeral do PPg cando Feijoo iniciou o ascenso; sendo el Conselleiro, Crespo foi vocal de Portos e Negreira Presidente; sendo Feijoo Conselleiro GÛRTEL obtivo gorentosos contratos da súa Consellería.
Implicados na trama GÜRTEL forman parte do goberno de Feijoo como a Conselleira de Sanidade e o Director Xeral de Deportes, ó cal abraza en público, para apoialo.
Que unha persoa que forma parte do comité provincial tivera tratos con Gürtel é asunto do Secretario xeral, é dicir, Feijoo.
¿Cal é o xogo de Feijoo?, ¿resúltalle incomodo Baltar e quere que lle axudemos a liquidalo?.Comigo que non conte; de ter que elixir entre dúas opcións malas, prefiro a un cacique do pais a un vendepatrias
0 comentarios