DESACOUGO NA EMIGRACION
Desta vez non foi o primo de Rueda o que fixo a auditoría do hospital do Centro Galego da Arxentina, pero si foi unha empresa de Castela-León, ¿pilládela?.
En Economía non caben as cousas sentimentais, e o negro sempre será negro, e o branco, branco; mais, hai algo sospeitosisimo; as contas do Centro non cadran coas do auditor, que o face-la auditoría pasou delas, sen sequera molestarse en documenta-los desacordos. O hospital privatízase e a empresa auditora é a co vai xestionar. Eso si que é xogar sen un intres no asunto; con eses vimbios nade vai entende-la actuación da Xunta. Non solo hai que ser independente, tamén hai que parecelo.
Ben mirado, non nos podemos estrañar do que fixeron co Centro Galego da Arxentina; cousas similares estanas facendo en Galicia a cotío, é a súa folla de ruta: negocios privados co diñeiro público.
Tampouco me estraña a actitude chulesca e intimidatoria. Estes chicos son así.
Carlos Aymerich aínda ten a esperanza de que Rueda explique no Parlamento o intres que ten en que esa empresa, que non esquezamos ela mesma fixo a auditoría, xestione o Centro, e por qué razón actuou de axente da empresa adxudicataria, así como o feito da chantaxe, en lugar de negociación; que espere sentado. Pode que a Rueda ata o apoie Louzao.
Un tal Rosendo do PP trataba de xustifica-la privatización, comparándoa co que fixera o PSOE con determinadas consultas externas, con perdón, eso foi coma confundi-los collóns cos riles.
A Conselleira de Sanidade, votoulle a culpa do estado económico do Centro Galego ó bipartito, como non podía ser de outra maneira; da actitude chulesca, mafiosa e chantaxista aínda non falou, pero non me estrañaría que tamén lle votara as culpas ó bipartito.
As distintas asociación que concorren no Centro, de esquerdas e de dereitas, están de acordo en opoñerse a opción da Xunta; elas teñen o 50% da representación, o outro 50% correspóndelle á Xunta. Feijoo ten que romper esa unidade pra lle entrega-la xestión do Centro á sociedade auditora. O convenio íase firmar en , pero os representantes do Centro Galego xa anunciaron qu non asistirían e, nin ameazas, nin a chantaxe lles fixeron mudar de idea. A Xunta, o ver que con ameazas non lograba os seus propósitos, mandou un propio á Arxentina pra acadar un acordo; houbo unha comida con xente do Centro Galego, que pagou a Xunta, é dicir, nos; cos estómagos cheos sempre se discute mellor; a final, o diñeiro manda.
Hai que recoñecerlles o mérito de unir ós sectores progresistas e conservador da colectividade, i é que estes políticos solo fan política partidista e sucia.
O actual sistema de xestión leva mais de 20, é dicir, non é cousa do goberno anterior, pero o goberno de Feijoo debe querer sacar unha financiación pro partido, e que mellor que empezar hipotecando os bens da emigración pra facer caixa. O do Centro Galego da Arxentina é un ensaio da súa política de espolio; pronto chegará a Galicia outros escuros inversores a comer a parte de tarta que Feijoo lles servirá a cambio de achegas; pra eso vai a ver ese grupo de negocios limpos á Florida. ¿A qué se non vai a ir alí?
Cando o bipartito chegou ó goberno, o debíanse no Centro 6 millóns de euros, e as instalacións tiñan moitas carencias, que se arranxaron; agora pretenden chantaxear ós administradores pra que entreguen a xestión a unha empresa privada, postulada polo PP. O contrato con esta empresa sería de 13 anos, nese tempo solo tería que inverter 6 millóns de euros, a facturación, nun solo ano, é de 7,5 millóns. Non fai falla votar contas pra ver que o negocio é redondo.
A resistencia das Sociedades Galegas, presentes no Centro, que por unanimidade se opoñen o espolio, estase a traballar por altos funcionarios, comisionados pola Xunta con e se fin, logo de ver que o plan que tiña se lle viñera abaixo. Todo ten un prezo, é lograrán ó fin, o que queren, me temo.
Os emigrantes en Suiza tamén están moi molestos coa Xunta; ferve a emigración; normal, non son un cortello de votos doados, hai que prestarlles servicios, non tratar de facer negocios a conta súa, nada mais.
Hai que garda-las maneiras a hora de face-las cousas, !Don Manuel non o houbera feito así!, pero os chicos estes sóbralles chulería e fáltanlles modais.
0 comentarios