MANTEÑAMOS AMERDA AGOCHADA
A algún parlamentario da oposición ocorréuselle solicitar unha comisión de investigación pra aclara-la compra do FEGAS, que como sabedes é pra formación de persoal do Sergas.
A adquisición dese local fíxose polo goberno do PP, e o mesmo constructor que lle vendeu a sede do FEGAS a Xunta, vendeulle, pola mesma data, a nova sede ó PP. Déronse rectificacións de escrituras de venta pra dar cabida a un maior prezo na venda do local do FEGAS. Sospeitosamente o sobreprezo pagado pode coincidir co valor do local do PP. Os mal pensados sospeitan que ese sobreprezo foi pra paga-la sede do PP. O que suporía que o PP utilizou diñeiro público pra adquirir o seu local.
O PP non quere que se constitúa a comisión de investigación, nin que se plantexe o asunto, e pon en marcha o ventilador e inventa toda serie de irregularidades.
As comisións de investigación non teñen precedentes de éxitos, sobretodo porque a parte investigada dedicouse sempre a boicotear as pesquisas. Se hai irregularidades, que é posible. o lóxico sería que investigara a Xustiza, pra eso está, e non politiza-lo asunto, sen que se chegue a ningún resultado; o mesmo resultado ó que vai chega-la comisión interna de investigación, que creou Rueda pra investiga-las irregularidades das probas selectivas. Certo que a Xustiza non se pronunciou sobre o caso Gürtel en Galicia i é moi posible que non o faga sobre outras presuntas corruptelas, pero sería a única esperanza.
0 comentarios