Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿CAIXAS MEIRANDES?

¿CAIXAS MEIRANDES?

                                                                  

                O sistema financeiro galego é feble, é un reflexo, nin mais, nin menos da potencia económica de Galicia; sen a presencia das caixas, o minifundio empresarial galego, que é a base da estructura económica do pais, non sobreviría.

                 O típico entrabado empresarial galego non sobreviría igual, si os seos pequenos créditos se decidiran en Berlín, por exemplo. O empresario galego, o pequeno empresario, ese que crea emprego, precisa de Institucións financeiras próximas, interesadas, non solo nos beneficios, senón no desenrolo do pais.

                  O Bloque albiscou a necesidade de contar cunha Institución financeira que servira de instrumento o goberno pra impulsa-lo desenrolo do pais. Non tivo moi boa acollida esta idea por dúas razóns. O Bloque non soubo explica-la idea, con toda seguridade porque os encargados de explicala non ha entendían ben, non eran os mesmos que os que a idearon; en segundo lugar, a xente viu nela unha burocracia innecesaria que inventaba o Bloque.

                   Queiramos ou non, o sistema das Caixas de Aforros vai pasar a ser un recordo dun tempo pasado; e aquelas organizacións políticas que teñan a visión de adaptarse os novos tempos, adiantaran moito. Penso por exemplo, tomando a idea do Bloque, que se terán que crear institucións oficiais, que ademais de facilitar avales pra créditos medios e grandes, concedan microcréditos, tanto pra inversión como pro consumo; así ampararanse as familias e as pequenas empresas.

                  Non é por unha necesidade, pero as Caixas están nun proceso imparable  de medrar; nade sabe onde nos levará o proceso; o mellor a crear unha caixa española única, e  por qué non, europea. Polo que respecta a Galicia, parece que ningunha das dúas caixas está pola fusión entre elas pra crear unha única caixa galega, e buscan parella fora. Esta postura pode deberse a localismos, pero tamén a directrices políticas, e nesto penso que está o problema. Xa vimos o intres do PP en crear unha caixa que lles plantara cara ás catalanas, temo  que nos poden sacrificar pra maior gloria do imperio, sen reparar en se é bo ou malo pra Galicia.

                   É un feito incuestionable que as caixas teñen unha excesiva presencia dos políticos, en detrimento dunha dirección mais profesional. As Caixas son pros políticos como a mel pras moscas.

                   A  fusión que levou á creación de dúas caixas en Galicia foi unha opción acertada, ensombrecida por unha política de expansión interna, comendo territorio á competencia, o que orixinou certos roces, que agora, lonxe de dificultar a fusión, debera ser a oportunidade pra rectificar errores do pasado.                    

                   O afán das caixas por medrar levounas a expansións inxustificadas, sen que lles reportara un incremento parello nos beneficios, e perdendo as súas señas de identidade. Perderon a súa existencia ligada a un territorio e quedando como entidades financeiras normais; de aí que o título: “sen ánimo de lucro”, xa non lles é aplicable.

                   Na fusión das caixas, que non esquezamos serán absorcións, con outras de fora de Galicia, que é o probable, non o desexable, van a influír intereses políticos e o balance; si así fora, a posibilidade de que a Xunta inflúa na nova caixa resultante, é nula. A sede e as decisións estarán fora de Galicia; que Feijoo se faga alleo ó asunto, é un insulto, porque Galicia vai a perder  moito; vai ser un proceso similar ó de FENOSA e Autopistas do Atlántico, nesta última tivo moito que ver Feijoo.

                     O intres que ten o goberno de Feijoo na fusión das dúas caixas galegas xa se ve no tempo que lle dedica o tema; agora mesmo nin figura na súa axenda, todo porque se ten que entregar a proxectos mais importantes pro partido, como é esa viaxe á Florida;   así pasou de non ter un criterio sobre a fusión a non importarlle o tema.

                   Galicia non se pode permitir quedar sen institucións financeiras por culpa de políticos de medio pelo, por personalismos, localismos ou xenreiras do pasado.  

0 comentarios