AS XOGADAS DE NEGREIRA
A adxudicación a dedo das obras do porto de Sada a unha empresa insolvente e as moitas irregularidades daquela obra leváronmo ó xulgado do Contencio-administrativo de Santiago. Eso non é mais que unha pequena anécdota do seu reinado no Grupo de Portos. Se investigaran as obras adxudicadas baixo o seu mandato no Grupo de Portos, ía ser un asiduo visitante dos xulgados, confundiríanmo e pensarían que xa era persoal do xulgado.
Negreira ten que desvia-la atención do seu pasado, un pasado no que el e Feijoo camiñaban da súa man, e levar a unha parte do electorado, polo menos o da Coruña, que é o que mais lle interesa, e telo entretido en asuntos insubstanciais; como o da L da Coruña, e leva-lo alcalde a polémica estéril, dividindo a fráxil coalición de goberno.
Non sabemos cal é a súa proposta de goberno, pero estou seguro que vai ofrecer todo o que o electorado desexe. Unha gran doses de demagoxia, que rematará con incumprimentos como fixo o seu amigo Feijoo.
0 comentarios