Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

50.000 ILUSIONS ROTAS

50.000 ILUSIONS ROTAS

 

 

                  Das pasadas probas selectivas para persoal do Sergas, categoría de Celadores,  houbo unha nutrida concorrencia de opositores; ata aí normal nun momento de crise laboral; o que mais e o que menos vai asumindo que terá unha competencia grande. O que costa mais asumir é que as probas estén trucadas, que non haxa xogo limpo, como parece que así foi, o cal viría demostrar que o problema non é solo de ningunha empresa externa, o problema ven de dentro, de moi dentro.

                    Parece que sempre flotou no ar certo cheiro a sospeita, que tivo o seu punto álxido nesas probas, nas que os sospeitosos sacaron a máxima puntuación. Nesas probas, en concreto,  a Xunta constituíu unha comisión interna de investigación, (non independente), que concluíu coa proposta de expulsión dos cinco sospeitosos. Por suposto, a responsabilidade non foi de ningún órgano da Xunta, segundo a conclusión da investigación. O guión do amaño precisaba ese dictame. Pese á proposta os campións non van ser sancionados, solo é un burdo lavado, estilo Pilatos; pero hai mais, as estimacións de aprobados fraudulentos pódese elevar a unha cifra cércana a vintena. Sen dúbida estes rumores desaniman a calquera. Non se pode sinalar a nade, pero queda a pregunta, ó marxe das responsabilidades políticas, de por qué non se investigou a membros do persoal colaborador e o Tribunal  mesmo, a quén os nomeou, etc.  

                      Rematadas as pesquisas da Xunta, sobre as graves irregularidades das probas pra Administrativos e auxiliares da Xunta, con esa proposta de resolución, que nade cree. Non puxeron os feitos en coñemento da Fiscalía, e todo sigue no escurantismo mais absoluto, intentando que  a xente esqueza, o cal ven a votar mais sospeitas sobre un posible amaño interno. 

                       Din cos  exames éranlles entregados ós opositores, abertos e sen ningunha garantía de anonimato; en Vigo íba haber unha manifestación, con todo a xente é moi sufrida.   

                     O mais malo, si é que aínda pode haber algo peor, é que a sospeita recae sobre tódalas probas; como é lóxico a culpa será do bipartito. Feijoo e Rueda son dous santos, pronto os elevaran ós altares.     

2 comentarios

lorcho -

O triste é que a pesares de que estes amaños xa os sospeitamos todos, a xente acude en masa aos procesos selectivos porque estamos nun país onde non sobra traballo. Aínda que sabes que dan un calote, ninguén quere renunciar a intentalo. Mágoa do que fan cos opositores, porque ás veces os exames son verdadeiras tomaduras de pelo

piuxiño -

Tenche boa duda Rueda co tema das oposicións. Menudo elemento ise para ter conta das probas selectivias, un tío que acadou praza nas entidades locais por vía enchufe. Asi nos vai o conto