MAIS DAS OPSICIÓNS DA XUNTA
Feijoo o impoluto, eso quixera que crera a xente, que segue as instruccións do raposeiro Rueda, o cal se sacou un coello da chistera, pra calma-lo ánimo dos opositores, inventando unha comisión que dictara unha resolución, na que se deixara a salvo a honradez dos convocantes das probas, desviando a atención sobre os cinco casos mais salientables.
A resolución desa comisión non ten mais que valor interno, e hai a vontade de ocultalo todo, no queren que a Fiscalía investigue, non sexa que descubra que a merda ven de moi arriba.
A Xunta xoga co feito de que os opositores non están organizados e non lle plantaran cara; coa comisión intentou lava-la fachada, de cara a opinión pública. Os sindicatos e a oposición son cómplices e encubridores do fraude, si non fan nada. Neste senso o BNG interpuxo unha pregunta parlamentaria sobre as probas, aínda que lle honra, que é a súa obriga, ocuparse do tema, faino tarde e sen convicción, como pra quedar ben, pero sen ánimo de chegar a ningún lado. Tamén a CIG está no tema, pero sen votar moita carne no asador, ó fin de contas os opositores non son afiliados, e da a impresión de que nade se vai bater o cobre por eles.
Da moitas dúbidas que me xorden, unha destaca sobremaneira, si hai un 20% de preguntas que non se axustan ó programa, cómo pode haber opositores que saiban a resposta correcta; sospeito que é parte do fraude.
O fraude xa foi concibido antes, dende o momento en que anularon as convocatorias das oposicións, o fraude estaba cantado; nade pode crer que en 45 días se prepara unha oposición; ó PP sobrábanlle tempo pra facer os chánchollos e fixoos, que a Oposición, os Sindicatos, a Fiscalía, as Asociacións de Veciños, Xuntas de Montes, mulleres maltratadas, panadeiros, Iglesia, etc calen e traguen, reafirmame na miña decisión: que paren o mundo, que eu báixome.
Os opositores ameazan con recorrer ó Supremo pra anulalas probas; é de pena ver a indolencia de Oposición e Sindicatos no asunto, deixando ós opositores na Soedade dos corredores de fondo.
Sospeitase que poden ser mais os casos de dubidosa e imprevista superación das probas, o que levaría a un fraude premeditado e organizado.
0 comentarios