MENUDO PAPO
Rajoy propón aumenta-las penas por corrupción e que se teña tolerancia cero cos corruptos; tamén propón un maior control dos concellos e a limitación dos contratos de adxudicación directa, ou mais ben a súa racionalización. Entre a batería de propostas que fai pra combate-la corrupción está a modificación do Código Penal, tipificando varias conductas.
Cando o PP busca por tódolos medios algún rasquizo pra tomba-los procesos abertos por corrupción, cando ataca a xuíces, policía e goberno por investiga-los escándalos de corrupción, cando ten medio partido pringado, quén lle vai facer caso o que di, soa a tomadura de pelo.
Sería mais crible que propuxera o cumprimento das penas, que apartara os sospeitosos de corrupción do partido, no canto de protexelos.
Ó final, sacamos a conclusión de que tódalas propostas que fai, fainas pra galería, sen ningún compromiso serio.
0 comentarios