GALICIAA MEDIEVAL
Pascual deixa de producir en Galicia; non lle interesa a producción do pais, agora vaise dedicar ás marcas brancas e importar leite barato. Normal que unha empresa privada busque o maior beneficio posible; o que xa non é normal é que a Xunta amose unha total desidia polo asunto; frea calquera iniciativa que se oriente á recuperación e á continuidade de actividade da planta.
Hai dous grupos de propostas, a do propio sector, pra constituirse e cooperativa, co que se constituiría o xermolo dun grupo lácteo galego e o de empresas estranxeiras con capital de orixe galego, con diversificación na producción.
Á Xunta, o sector do leite non lle preocupa, aí ten os votos asegurados e con unhas pequenas subvencións ós granxeiros, todo volve á calma e os votos as furnas. É mellor un sistema de votos cautivos, que o rural non se desenrole, xa que así os caciques podían perde-lo control; a súa receta de atraso, tamén o levou a suprimir o I + D.
Feijoo non quere un sector rural, nin urbano desenrolado, quere unha Galicia medieval, pobre e servil, e así pode dominar mellor o electorado.
O sistema económico e de producción do proxecto Feijoo pra Galicia é o dunha Galicia subsidiada e pobre, unha Galicia transportada, no tempo, á épocas escuras; de ai, que busque, tamén, a castración cultural de Galicia
0 comentarios