O PAI DA CRISE
A crise pola que atravesamos ten pai e nai, claro que ten, pero dende logo non se lle pode atribuí-la paternidade ós traballadores. A especulación, un sistema financeiro neoliberal, desregularizado. O afán de ganancias doadas e sen límite, foi o que nos levou o desastre, pretender que os traballadores sexan agora os que paguen o pato, é inmoral. O Presidente do Banco de España ben faría si se metera no seo, nos mercados financeiros; parece un empregado a soldo da gran patronal bancaria.
O Director do Banco de España receta unha reforma do mercado laboral, con maior flexibilidade; non sei que reforma pretende, cando case un 40% do mercado laboral está con contratos provisionais; acaso os traballadores terán que facer mais horas, é o único que se pode facer; en todo caso eso non beneficiaría ó pais, senón á patronal, que vería incrementando as marxines.
Van limpa-lo pais de Institucións financeiras que lle fan a competencia ós bancos; trátase de deixarlles espacio libre pra que fagan negocio sen competencia. O da concentración das Caixas de aforro, responden a ese proxecto da oligarquía financeira e o goberno xa está de brazos caídos, sen forza sen idas, pero sobretodo, sen valor pra enfrontarse ó que lle dan cartos pras eleccións.
Fálase da recuperación económica de Alemania, pero temos que ter en conta, que ó marxe dos cinco grandes, ten multitude de pequenas institucións financeiras, que son as que levantaron o pais e lle axudan a saír da crise. En España, pola contra, facendo seguídesmo dos intereses da gran banca e do presidente do Banco de España, proxectase eliminalas incomodas Caixas e Aforros pra deixar espacio á gran banca.
Noutros países de nosa area económica, inxectáronse suma inxentes de diñeiro ós bancos, sen saber onde foron, ou que fixeron con elas Ó mellor desviáronnos pra facer negocios en economías emerxentes; así fannos a competencia financiados por o nosos orzamentos: por eso non entendo esa necesidade da fusión, porque si, das caixas e por qué non seguimos o modelo alemán.
Xa sei que as súas Señorías están moi ocupadas, pero sería bo que tamén se ocuparan de cousa pequenas como da saída da crise, da reforma do sistema financeiro e que por unanimidade cesaran ó Presidente do Banco de España. Tamén no Pazo do Horreo se debera abrir un debate sobre a crise e o sistema financeiro.
0 comentarios