Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN BOTIN CHAMADO GALICIA

UN BOTIN CHAMADO GALICIA

 

Opinar, á dereita

 

                      Estaba escrito, o hospital do Centro Galego de Bos Aires re6galáronllo a Recoletos; unha da asociacións presentes no goberno do Centro Galego, moi próxima o PP, deu o si pra que Feijoo puidera entregarlle  o Centro sanitario a Recoletos; en realidade  d as  cinco asociacións concorrentes na directiva, tres son da órbita do PP, de ai a prepotencia da Xunta ó dar por suposto o apoio destas asociacións a súa proposta. Sorprendeulle moito á  Xunta, dende o principio, que non se lle tiraran ó chan, o  seu paso, pra que os pisara, e no seu canto, se lle rebotaran. A actitude da emigración descolocou á Xunta, que tivo que  replantexa-la estratexia, e desprazar á Arxentina un propio; ó final todo arranxado e xa lle pode entregar ós amigos de Recoletos o premio, supoño que como pago debido. O peor do asunto non é que espolien a propiedade do Centro Galego, de seu grave, senón que regalen o que é sostido coa suor de tódolos galegos.  Deputados arxentinos  están moi sensibizados co tema, pero nada teñen que facer.

                       Subvencionan as compañías aéreas dos amigos; por suposto non houbo concurso pra prestación do  servicio,  exclúen da subvención as que xa o viñan prestando, o que fai imposible creer nunha a apareza de imparcialidade.

                       Subvencionan os medios de comunicación afíns. As subvencións a medios de comunicación, co escusas varias, xa era unha vella practica, pero é novo a exclusión de medios que non   fan panexíricos do líder e loan o seu reinado.

                        Crean un chiringuito de orientación laboral, con curiosas especialidades universitaria:Filosofía. Historia e ata Dentistas.

                        Outro chiringuito en Medio Rural, cunha traxectoria clientelar vergonzosa  na selección do persoal.

                        Dáselle asento a airexa na comisión biotécnica, con un crego e un teólogo; non sei por qué non hai un Ulema e un Rabino. Si o Médico pra administrar un remedio ó paciente  vai estar pendente do que diga esa comisión, que de técnica xa non ten nada, imos de cu.

                         Repártenselles cartos o ensino privado, preferentemente os centros mais afíns ideoloxicamente, mentras se deixa na indixencia ós centros de ensino público.

                           É o reparto do botín, como pra falar do Alakrana, polo menos aqueles expóñense e a que lles peguen un tiro. Aquí o mesmo che dan un Centro Día, una Residencia de maiores, un contrato de subministro, un Hospital,  etc; todo por adxudicación directa.

0 comentarios