O RUMBO DE FEIJOO
Algo sabemos do que fixo Feijoo e o que non fixo, supoñemos tamén pra onde vai, aínda que ó mellor nin el mesmo o sabe; o único certo é que é un bo vasallo, que pasa de escrúpulos e outras monsergas; como sexa, sabemos que as tres patas da súa acción de goberno son:
O ataque ó galego, neste apartado, ademais das Institucións Académicas Galegas, a Comisión Europea fíxolle chegar unha advertencia de que estaba incumprindo o compromiso adquirido polo Estado Español sobre a protección das linguas minoritarias; o efecto que terá nesa política de exterminio cultural; está por ver, e se ese tirón de orellas é suficiente, aínda que Génova e o laboratorio de Aznar van seguir tensando a corda.
O desmantelamento do goberno prestador de servicios socias queda feito coa privatización de residencias e Centros de Día. así como a prestación de servicios a dependentes
O reparto dos servicios públicos ós amigos pra que fagan negocio. A privatización de servicios, non supón ningún aforro pro goberno, solo cambia o prestador do servicio que, por adxudicación directa é un amigo de algún Conselleiro, ou empresa vinculada ó PP.
Asombra o xeito e modos das respostas á interpelación parlamentaria, non solo quere deslexitima-las iniciativas populares, senón que responde airado, con malos modos, insidias e provocacións. Non hai que entrarlle ó trapo, caer as descalcificacións e linguaxe soez; a cousa é poñelo unha e outra vez fronte as súas contradiccións; e como a froita, caerá de maduro.
O mesmo que fixo el na oposición; as intimidacións a Alcaldes, traballadores e usuarios dos servicios, teñen que airearse a cotío, asi parecera un proceder mais abafante
0 comentarios