UN XACOBEO MOI ESPIRITUAL
As obras no Xacobeo non se van traducir en ningunha infraestructura no camiño, tampouco se pretende unha peregrinación de masas, non é cuestión de números, senón de almas. O obxectivo non é que veña mais xente, nin sequera moita xente. Os responsables do camiño fixáronse a meta de recupera-la espiritualidade do camiño; non é importante acometer obras de acondicionamento, nin humaniza-lo camiño; os que acometen a aventura teñen que ser conscientes de que o sufrimento achéganos mais á gloria. Dito así, queda a sospeita de si a Xunta é un goberno terreal, ou a guían sentimentos de piadosa santidade; o mellor, como arrasan coa cultura e co emprego, pechando fábricas, ó final sálvannos e incluso montan unha fábricas de cilicios. Aínda que ó evento non se lle pode negar unha base espiritual, non se debe permitir que os ultras o monopolicen e intenten privar ó camiño da imaxe cosmopolita que adquiriu, e de vehículo de cultura, en sentido amplo; cada un fai o camiño polas súas razóns persoais e non temos dereito a obrigar a nade a seguir un credo á forza. A Deus o que é de Deus e o Cesar o que é do Cesar.
0 comentarios