Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O VELLO ZORRO

O VELLO ZORRO

 

              Feijoo respira tranquilo, o vello zorro, que lle podía dar moitos problemas, ábrese, e vaise para casa; por fin xa, ningún galo lle vai entrar no curral pra crearlle o mais mínimo atranco.

              Non vou facer unha loubanza de Baltar, e menos facer leña da árbore caída. Solo recoñecer que, a súa maneira, traballou por Galicia  e especialmente por Ourense.

              Xunto con Cuiña, defendía un galeguismo dentro do PP, que chocaba coa doutrina de Feijoo; agora, como representante do que algúns chamaron a corrente da boina,  estaba cada  vez mais acurralado, o aparato do partido quitábanlle o apoio dos Alcaldes, que eran  a base do seu poder. Fai uns meses que fixo un sóndeo entre os alcaldes da provincia prea saber con que apoios contaba, o que lle sentou moi mal a Feijoo. O proceso de minado continuo e agora chegara a un punto no que se sínteo traizoado por moitos dos que antes lle xuraran obediencia.

              Baltar era un político profesional e sabía que a hora  estaba a caer, que a súa estrela estaba a se apagar e preferiu irse cando a gloria aínda era súa.

              É hora de pensar e decidirse, se é mellor un cacique á galega, ou un vendepatrias.

              Baltar fillo xa lanzou a súa campaña a presidi-lo  o PP de Ourense; quere ofrecer un perfil de moderado galeguismo, o cal choca coa liña de Feijoo e que é o que impulsou o seu pai a abandona-la primeira liña da política; se o Baltar pai non foi quen de soste-la corrente política mais galeguista do PP Ourensán, os que veñan pra ocupa-lo se posto, vanmo a ter mal

0 comentarios