Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS PROBAS TRUCADAS

AS PROBAS TRUCADAS

 

 

                     Na pasada enquisa, na que houbo un pronunciamento a favor  de que as probas de acceso á Xunta se repetiran, seguiulle moi de cerca os que se inclinaban polo cese do Director Xeral da Función Pública. Os que menos opinaban que non foran unhas probas limpas, coido que esta opinión, aínda que minoritaria, era compartida por todos.

                      Certo de que se houbo graves irregularidades, que fan dubidar da limpeza do proceso  e eso víase vir dende o momento en que anulan unha convocatoria en curso pra nomear outros tribunais.

                        En vista das irregularidades detectadas, os blogueiros, por maioría, opinaron que as probas debían repetirse.; penso que aquí é onde a GIGa debera haber pedido ó xuíz que dictara auto suspendendo cautelarmente o proceso selectivo,  e motivos había dabondo.

                        Os que se pronunciaron polo cese do Director Xeral da Función Pública, perderon por pouco, pero tiñan moita razón; aínda que penso que de cesar ó Director Xeral, tamén debía cesar ó Conselleiro da Presidencia, que foi quen organizou a lea e é o máximo responsable, aínda que non se  deu esta opción; por certo, O Conselleiro da Presidencia declarou que o bipartito obrigaba á xente a ir os partidos da Selección Galega. Eu poño a el baixo a sospeita de ser o único responsable  da desfeita dos exames; resúltame incomprensible que suspendera os procesos selección de persoal, pra nomear novos tribunais e dar lugar a unha ampliación de prazo pra presentar solicitudes pra participar nas probas, sendo de ese sector os casos sospeitosos. Nade en 45 días prepara unha oposición, a menos que haxa gato encerrado, e el deses manexos, e de como sacar unha oposición sen machucar o temario, seguro que sabe

                          Por fin houbo interpelacións parlamentarias  sobre os escándalos de filtracións nas probas de acceso á Administración Autonómica; pero non se aclarou nada, o PP non foi; eu tampouco

3 comentarios

laura -

Eu tamén pido máis enquisas, que son moi divertidas, e que as respostas sexan máis numerosas, de maneira que non coincidan entre elas

Bendoiro -

A min pasoume que tiña que elixir entre dúas respostas coas que estaba dacordo. Ou non é certo que se ben non eran oposicións limpas, se debería cesar ao responsable desta desfeita??
Como ben di o autor, non só ao director xeral da Función Pública, senón tamén ao propio Conselleiro, ese lacazán de Rueda.

a cabra do saviñao -

Moi ben feito!!!
Paréceme formidable que decidiras comentar os resultados das enquisas que nos plantexas. Trátase de que teñas unha idea do como son os pensamentos dos que te leen no blog.
Un saúdo