GALICIA PODE ESPERAR
Galicia é como unha nai á que lle saen tódolos fillos uns lampantíns, ou a noiva que pasa a vida esperando; ningún político a ten como o cerne da súa vida pública, indígname que a utilicen como unha mercadoría, que sempre estean dispostos a vendela por un intres cativo, ou unha gloria efémera
Pensaba adicar o artigo de hoxe a facer un balance das promesas dos políticos e do cumprimento das mesmas durante este ano que remata; así como a valoración que me merece cada un deles, pero desisto, non merece a pena.
Feijoo non da asimilado que é presidente de Galicia e sempre que ten oportunidade de defender outros intereses, esquécese do seu papel institucional e a quen representa, actuando como seareiro do PP. A razón pode ser que el ten grandes esperanzas, que pronto se vai a ir pra Madrid; dese xeito Galicia é un amor de verán, un pasatempo, namentras no o chaman pra ser emperador.
En Galicia pouco para, anda polas Españas, dando receitas políticas e participando en festexos populares, aínda que os asesores de imaxes non viron oportuno que asistira a unha tenta privada, por si alguén quitaba fotos.
A nivel Institucional é ninguneado por Madrid e asina o que Xénova lle di, aínda que sexa inasumible pra Galicia, como o asunto da financiación.
El fai mais ben pouco, ou nada, por darse a valer cando representa a Galicia; a min dóeme o pouco carisma Institucional que ten, pero vendo as súas actuacións nas reunións Institucionais, no se pode esperar outra cousa.
0 comentarios