Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FEIJOO MOVE OS CACHORROS

FEIJOO MOVE OS CACHORROS

                   Ano novo preitos vellos, nos ó blog, Feijoo a acosa-lo galego; pero resistiremos, e todos nos temos que loitar xuntos contra do fascismo, volvemos ós anos trinta, do pasado século, temos que impedir que outra traxedia como a do 36 marque este tempo.

                  Xa que as universidades non lle deixaron a Feijoo organiza-los claustros e elaborar programas, mozos do PP maniféstanse contra da inclusión do galego na selectividade; a algara foi semellante á  que lle organizaron á porta da casa do líder galego do PSOE en Ourense; dicimos que foi semellante porque houbo coincidencia   de estratexias e personaxes. Visto o cal, o PP semella que ten comandos de axitación callejera, como fixo o fascismo nos principios do pasado século.

                Feijoo meteuse nunha lea co galego que o leva  a esperpentos e desatinos, que fan dubidar de si realmente está na realidade, ou no mundo dos seus soños.                

                 Cando lle resposta o BNG, co gallo da interpelacións sobre do galego, que Galicia non lle ten que pedir permiso ó BNG pra falar galego; coido que certamente o pobo galego non lle ten que pedir permiso ó BNG, nin a nade  pra ser galego. O subconsciente, ou o pasado de freada traizoou a Feijoo, e  quixo salientar que os permisos pra falar galego dáos el, e camiño deso   vai; de seguir así deixaranos falar galego na intimidade, como pode ser na cena familiar de noite boa.

                Ruiz Rivas, e penso que non tiña unha taza, dixo que o PP  co Decreto do ensino do galego quere restaura-lo consenso, que o bipartito rompeu; decreto que tiña unanimidade parlamentaria, ata que Xénova  deu ordes. Pra escoitar estas cousas hai que estar vivo

 

 

0 comentarios