ENTREMES EINTERESES DE MENESTEROSOS
Prefacio: o artigo de onte suscitou opinións encontradas e reaccións non previstas; non quixen asustar a nade coa viñeta, pero pareceume que reflectía o horror da guerra civil como o cadro de Guernica; en canto a que o PP é o único partido que non participo na guerra civil é certo solo a medias, con tal nome non, pero nel milita un abano ideolóxico que vai dende o centro dereita á extrema dereita, que foi a que fagocitou á dereita democrática. Aínda que o PP foi fundado por un ministro de Franco, non é un argumento que desacredite o partido, pois Fraga leva dado mostras de que se reconverteu á democracia, xa quixeran outros militantes do PP ter a mesma actitude. Esquerda Unida, como tal Esquerda Unida non foi parte na contenda; o BNG foi fundado fai pouco por Beiras, tampouco participou. De todos xeitos, as bases sociais dos partidos actuais son moi similares ás do 36 e, moi importante, chegada a democracia, en España non houbo unha depuración de responsabilidades como en Arxentina ou Chile, motivo polo que se pode dicir que non houbo unha verdadeira transición. O debate suscitado é proba de elo. Non confundamos, nin lle deamos o mesmo valor as víctimas e os verdugos. A declaración de intereses que fixeron os altos cargos da Xunta, evidencia de que na Comunidade Autónoma goberna un grupo de menesterosos; eso é o que se deduce da declaración de intereses que fixeron. Algunhas son tan manifestas na falta de realismo, que evidencia conscientemente, o desprezo da verdade, e con chulería, fan unha mofa da norma. Unha norma que trata de por de manifesto conflictos de intereses e inxustificados incrementos patrimoniais. A cuestión hai que vela dende a aplicación de normas pros currantes, que limitan as pensión, determinan a incompatibilidade, etc. Ós case oitenta mil cargos políticos que hai en España, distribuídos entre a Administración Central, Autonómica, Concellos, etc, non lles afecta ningunha limitación retributiva, tanto en activo como de pensións. A marxe de que se cachondeen das benignas normas que eles se deron, evidencian o divorcio que hai entre os políticos e os cidadáns de a pe. Por si alguén sente nostalxia direille que con Franco aínda era peor, i é que os hai que nacen estrelados, e outros que nacen con estrelas
7 comentarios
Chusquiña -
a cabra do saviñao -
Persoalmente, casos como o do plus dos altos cargos da Xunta, faime ferver o sangue, e o da declaración do patrimonio paréceme unha comedia sen chisco de gracia.
lucrecia -
Pero a transparencia ten que ir calando pouco a pouco entre todos aqueles que serven á función pública.
Outra cousa é que esas declaracións sexan axustadas a realidade de cadaquen.
Xunteiro -
Papóns -
santomé -
recaman -