Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GROTESCO

GROTESCO

 

 

               Algúns levan nos  xenes a inquina a mala leite, o mal vivir, e o paso dos anos non os fai distintos.

                 Vexo lóxico que os descendentes dos represaliados durante  a guerra civil, e tamén na posguerra, queiran recupera-los restos dos seus antepasados. Xa pasaron moitos anos  daquela traxedia e as feridas teñen que cicatrizarse; no podemos seguir vivindo esa división, ese odio irracional, e é de cristiáns e tamén humano, dar unha decente sepultura ós mortos e borrar calquera símbolo que ensalce aquel horror.

                 É grotesco que parte do PP galego queira manter vivos aqueles tristes recordos, como no caso da Coruña, que se fachandeen dos  asasinatos e gaben a quenes os cometeron; non amosan o mais mínimo sinal de arrepentimento o odio sigue dando forma as súas vidas e os seus actos.

                 A Xunta nega calquera colaboración cos descendentes dos represaliados, aínda segue a considerar indignos a quenes non  cometeron outro pecado que cumpri-la lei.

                 Se alguén o dubidaba, os xenes transmítense, e os atavismos histórico tamén condicionan as conductas; eso, xunto coa anómala transición española, fai que o fascismo siga vivo e puxante.

                 As actuacións do PP andaluz e o colectivo manos limpias, sácannos de calquera dúbida, e esa xente, xunto coa que acanea o berce, seguen no pasado mais rancio e  sinistro.

 

 

 

7 comentarios

eu o autor -

Xa vedes as opinións encontradas que suscita o artigo, incluso a viñeta que a min recórdame ó Guenica de Picaso, reflexa o horror da contenda; poren o debade é positivo, falar da traxedia pra non esquecela, e pra vivir non presente sin tabues.

De Cantelo -

Evidentemente, hai moito desmemoriado ao que isto da Memoria Histórica cólleo fora de xogo...

roda -

Aproveito para achegar parte dun artigo sobre este tema publicado en internet hai non moito por Pilar Rego. Supoño que servirá de inspiración para calquera de nosoutros:

"Eu diríalles ao señor Feijóo e a todos aqueles que esgrimen o esquecemento como argumento que intenten por un instante polo menos sentir a impotencia de quen non puideron recuperar os restos dos seus familiares, que se poñan no lugar dos que reclaman xustiza, nunca vinganza, para poder recuperar a identidade dos seus mortos e con ela a súa dignidade durmida, que non morta.
Se unha sociedade quere avanzar sen tabúes, sen “furados negros” na súa memoria colectiva, ten que facer unha profunda reflexión que lle permita soltar os lastres que impiden a valoración real do seu pasado. Cómpre que os “invisibles” saian á luz, que os corpos enterrados indignamente, porque indignos eran os culpables, poidan repousar no lugar que por dereito correspóndelles.
É hora de que a democracia española e as xeracións vivas que hoxe gozan dela honren e recuperen para sempre a todos os que directamente padeceron as inxustizas e agravios producidos naquel doloroso período da nosa historia e por suposto os restos de quen perderon a vida."

Velaí queda...

serpe -

Non podo estar máis en desacordo co que dis, J.M. Vexamos:

"Busca lexitimar á ETA "
Nin de coña. Onde se menciona a ETA na lei? Isto é un invento.
"Busca lixar a imaxe do único partido que non participou na guerra "
Porque entón non existía. De perogrullo. Pero o seu fundador foi, precisamente, un ministro de Franco. A vinculación é, polo tanto, obvia.
"Busca dividir de novo á sociedade española"
Todo o contrario. Busca pechar a ferida. Xulgouse e condenou e procesou a moita xente inocente. Agora sabemos que eran inocentes. É lóxico que o fillo dun condenado inxustamente esixa que se diga que o seu pai era inocente, e que todos admitámolo.

Tamén é lóxico que se tumben todas as estatuas do ditador, como se tumbou a de Stalin, Saddam ou calquera outro. Que desapareza todo símbolo, como desapareceron as esvásticas de Alemaña.

Ía sendo hora.

Jose Mari -

Pois eu non estou dacordo co artigo porque a lei de Memoria Histórica é desacertada. Entre outras cousas:
Busca lexitimar á ETA, transmutando aos terroristas en loitadores antifranquistas.
Busca lixar a imaxe do único partido que non participou na
guerra, o Partido Popular, asociándoo co franquismo mediante o
recurso de identificar ese réxime coa mera negación da versión
frentepopulista do período.
Busca dividir de novo á sociedade española, deslixitimando aos que non voten opcións de esquerda ou nacionalistas.
E lanza unha
carga de profundidade contra a Monarquía conectándoa directamente
co execrado franquismo.

Antonio C. -

Pois que queredes que vos diga, a min isto de andar a remexer no pasado dame un pouco de medo as consecuencias que pode traer consigo.

A troita -

Da medo esa viñeta que puxeches, oh!!!