Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POUCO DUROU A AUSTERIDADE

POUCO DUROU A AUSTERIDADE

 

      A austeridade foi como unha néboa que envolveu a campaña electoral de Feijoo, pra disiparse en canto amarraron o poder. Comezaron co engado de reduci-la administración xuntando nunha superconsellería as competencias, que pra eles non eran importantes: a vivenda non é pra eles unha prioridade; son  da clase económica poderosa e non precisan unha orientación do mercado, eles queren unha especulación dura, pra que os mais ricos se fagan mais ricos; os que non poden pagar uha vivenda que sigan vivindo na casa de seus pais, ou baixo unha ponte.A     especulación do territorio non lles permitía enchelos petos como eles querían, así que derrogaron a lei e fixeron unha a súa medida.

      A simplificación administrativa, que non foi tal, coroárona coa creación das Superdelegacións, concibidas como un instrumento político pra controla-la Administración Periférica dende San Caetano, sobretodo ante a eventualidade de que perderan o control das Deputacións.

       Emprendérona co parque móbil, cos coches que curiosamente mercara o goberno Fraga. Dise que foi unha vinganza ó concesionario; o conselleiro Rueda,  levou os periodístas pra que fixeran unha reportaxe fotográfica do luxo de San Caetano e o do seu Parque Móbil. Os coches íanos sacar á poxa; solo lograron malvender tres, que trocaron por outras tantas furgonetas, que non serven pra nada. A sala de xuntas, que renegaron dela, e que eu pensei que a ían destinar pra reunións das asociacións veciñais, xa tomaron posesión dela.

        A miña intriga quedou resolta; non sabía en que se ía a move-los altos cargos; sería lóxico que fora en burro, dese xeito recuperábase a especie, o problema era distinguir quén era o xinete.

         Fai tempo que se detectou que varias sociedades da Xunta mercaban coches de alta gama; a cousa estourou  cando se  soubo que os coches, en realidade, eran pra Conselleiros e outros grospanza do goberno.

          O coche adquirido pola Conselleira de Pesca é o que levanta mais polémica; pois mentres suprimiu a adquisición dun helicóptero, alegando austeridade, ela mércase un coche novo, prea pasearse, e non lle valían os Audis do parque móbil, porque quería poñe-lo cu no plástico.

           Non se sabe cantos mais coches se mercaron por este procedemento, intentando oculta-lo despilfarro, mentras o honesto Rueda organizaba o circo mediático pra amosa-los Audis barados, a maioría mercados   cando Feijoo era Vicepresidente.

           A austeridade do goberno bonsai quedaba ó descuberto. Xa que os pillaron nas patacas, non hai razóns pro encubrimento e van mercar a friolera de 70 coches de gama alta  pro parque móbil.  Como diría Moreno: toooma austeridade.

 

6 comentarios

Maruxa -

E veñan coches e ó carallo, e nós aquí a sufrir, pagar e calar. Agora xa non é coma fai uns meses.
Nin que anduveran todos en bicicletas...

De Cantelo -

Feijoó é un mintiroso compulsivo, pero a culpa non é so del, senón de quen lle cre as súas lerias e o respalda.
Pero incluso por riba del, está o ínclito Rueda, o verdadeiro Rasputín deste des-goberno. O verdadeiro responsábel desta nova tropelía, unha máis das que nos ten acostumados o señor conselleiro. Que me decides do que fai nas oposicións á Xunta?
Menudo mafioso!!!

Jt10 -

o que hai que eliminar e o numero de asesores que estan a chupar do bote e o plus dos altos cargos,ahi e onde queremos ver esa transparencia da que tanto presumen.ahora no quieren los audis que mercou don manuel,como che cambia o conto!tras oito meses de goberno fan un bo balance,de que? ata agora so se adicaron a desfacer o que estaba feito e a enredar co famoso trilinguismo

M.C.F -

Con todo eu prefiro que se lle dea á igrexa que fai unha grande laboura social, ca os sindicatos, por exemplo, que son unha panda de chupocteros e mangantes que non deron pau a iauga na súa vida. a última dos sindicatos é cun destacado membro de UXT, chamado Patxi San juán foise de papatoria ao BULLI, ese santuario da gastronomía onde costa só sentarse máis de 300€. Así as cousas eu prefiro mil veces que lle dean cartos á igrexa e non a estes sindicatos de vividores.

Sartalo -

Eu hai un tempo que quería dicir algo sobre esto e non atopaba o artigo preciso. Velaqui que tratamos por fin a pantomima do aforro do PP.
Na prensa publicouse que: "Na mesma páxina que analiza a partida de gasto da Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Consellaría de Cultura, figuran recortes orzamentarios, aumentos e algunha conxelación. Pero nos primeiros, que si afectaron a partidas sociais, non figuran as adxudicacións para a Igrexa católica. As dioceses galegas recibirán o próximo ano 50.000 euros máis que durante o pasado exercicio e ata un total de 300.000 euros (só da consellaría de Roberto Varela)..."
Ou sexa, que non temos nin para pan...

Recaman -

Home, non se pode dicir que Freijolito non sexa de todo austero.
Leva a austeridade no traballo a límites insospeitados, e se non que llo pregunten aos traballadores despedidos nos últimos meses na oficinas do I+B da Xunta.
Que collóns!!!