MAIS ALO DA FACHADA
Colguei unha nova enquisa; gustaríame saber a túa opinión.
Os agudos comentarios que os blogueiros fixeron este martes, obriga a que adiquemos un artigo xeral sobre os temas tratados.
1.-A postura do alcalde de Vigo, respecto das caixas, hai que vela como a pugna pueblerina entre A Coruña e Vigo, e que lle reportou xa un incremento da súa popularidade, e os alcaldes gústanlles estas polémicas, aínda que no fondo non pretenden que o sangue non chegue ó río. LA VOZ DE GALICIA propiciou a polémica coa súa postura ca campaña en favor de Caixa Galicia e da Coruña; logo todo foi rodando e medrando como unha bola de neve.
2.- A concentración das caixas e a evolución, achegándose á Banca, é intres da patronal bancaria; o da solvencia é un engado; como di un blogueiro é unha expropiación sen indemnización.
3.-Pachi Vázquez foi mais astuto que o BNG; non se prestou a entregarlle as caixas a Feijoo, malia que dende Madrid non compartían a súa postura. Eu non dubido da boa fe do BNG, pero da mostras da súa inocencia si cree que Feijoo quere propiciar a formación dun grupo financeiro galego. Feijoo quería que Caixa Galicia absorbera a Caixa Nova, pra que lle fora mais doada a operación a Caja Madrid. Rato xa enseñou a pezuña e coa nova lei, Feijoo vaille dar en bandexa as caixas a Rato, por elo Caixa Nova non quere caer nos seus brazos e busca outros aires.
O resultado da empresa de auditoría, avaliando o resultado dunha posible fusión das caixas non é un artigo de fe, normalmente os resultados da auditoría coinciden coa opinión de que os encargou, polo que o seu valor é moi relativo.
Por último, o liderazgo de Pachi pode non ser mais que unha aparencia e todos se están dando patadas por debaixo da mesa, pero esa aparencia vende.
No PP conviven un abano de correntes ideolóxicas, que van dende unha dereita civilizada a unha extrema dereita cavernícola; e dende un tépedo galeguismo a un odio irracional a todo o galego. O goberno actual da Xunta pódese situar á dereita da extrema dereita e con férreo liderazgo e antigaga, o que puidera ser bo, pero o seu extremismo e intransixencia, a súa teima en destruír todo signo de identidade, o seo desapego do pais, non é compartido pola totalidade do PP, e fai delo a súa principal debilidade.
O BNG coa súa condición asemblearia fai que pareza un galiñeiro, pero hai que recoñecer que é o que mais se asemella a unha democracia, pero a falla de un lider carismático pódelle pasar factura.
1 comentario
Portento -
Porén eu sei de moita xente moi incómoda con boa parte das decisións que están a tomar nos últimos meses.
Magoa que non poida agromar unha dereita europea, moderna, reformista...lonxe da dereitona rancia que domina este partido.