Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SOLO CANDO CONVEN

SOLO CANDO CONVEN

          

              Xa e vella a retrónica do PP de que debe goberna-la lista mais votada,   agás cando lle  beneficia.

               No Porriño viña gobernando a lista mais votada, pero o Presidente  da Deputación de Pontevedra, a igual que noutros     concellos da provincia organizou unha moción de censura pra que o PP se fixera cargo da alcaldía; por un lado, non foi unha tarefa doada; a oposición estaba atomizada en varios grupos amarelos e negociar con todos, dándolles un anaco do pastel supoñía revalidar a fragmentación política. Os grupos políticos que hai no concello, os que  están fora da disciplina dos partidos, foron creados pra ocasión e a  súa única ideoloxía e coller o que poidan; así as cousas, solo   era cuestión de tempo  chegar  a un acordo de reparto, contentalos a todos.

          Certo que a meirande parte dos políticos, do partido que sexa, móveos o seu intres persoal, pero cando se constitúen grupos con  ese único fin, o intres  xeral xa non é nin sequera crible, e unicamente hai lugar pro eu.

           As mocións  de censura deben  existir, pero ponderadas a un fin constructivo e   sempre xustificadas. O de xustificadas é o argumento mais manido das mocións, xa que o que pra uns é xustificado, pra outros  no deixa de ser unha operación de asalto ó poder. Xustificadas debía ser, en lóxica, cando se fai imposible gobernar, cando no funciona o goberno; pero ese concepto tan usado por algúns populares de parálise de goberno, que pra eles é algo peor que camiñar pra tras, de tal xeito que o de quieto ou en movemento non pasan de ser conceptos relativos, e calquera moción de censura non é mais complexa que un alixo de tabaco.

              Teño fe, porque necesito créelo, que a Deputación de Pontevedra vai cambiar de color político nas vindeiras eleccións, e que a paz volva ós concellos pra que poidan adicarse o seu.

5 comentarios

Capitán -

Unha vergoña que nos manexen este fato de desleigados que temos no goberno, mais penso que a partires da contestación pública que se vivíu estes días coa manifestación en Santiago as cousas están empezando a cambiar a poucos.
Nin os de ANPE os apoian, non sabían onde se metían e agora a ver como saen. O borrador nunca chegará a decreto porque está fóra da lei, fóra do sentido común e fóra da realidade. A nosa sociedade é madura, deixase manipular ata certo punto.
O profesorado deulles unha lección o 21 . Grazas, profesorado de Galicia, grazas.

Cores -

O amigo Louzán é un dos fontaneiros máis áxiles do PP. Sempre está ali onde se necesita para arreglar calquera desfeita, poñer o parche (é dicir untar ao persoal) e recompoñer gobernos municipais, torcendo a vontade popular manifestada nas hurnas.
Aproveito para publicar un extracto dun artigo que lin por internet sobre Feijoo coa venia do autor do blog porque me pareceu moi divertido. A ver se vos gusta..
"Hoxe péchase o prazo para poxar por un encontro íntimo en Monte Pío co presideche dos populares galegos. A estas horas participaron 38 persoas. Unha delas chegou a ofrecer 1.020 euros. Será a fantasmagórica bloguera namorada de Feijoo, desaparecida antes do 1-M que deu o triunfo ao PP?

As bases non o fan explícito, pero será unha cea trilingüe, un 33% en castelán, un 33% en inglés e o último terzo en galego. Iso si, hai que consultar primeiro aos pais do presidente e do convidado para saber en que idioma hai que saudar, despedirse e brindar. Por decreto"
Ja,ja,ja...non me digades que non é divertido...

A.L -

Louzán é o gran transfugador da provincia con cartos e recursos de todos os cidadáns.
É o persoaxe necesario e imprescindible para Rajoy a pesares de que seguramente, e especialmente nalgúns ámbitos, lle avergonza estar ao seu lado. Rajoy, aínda que se avergonza de Louzán, non pode prescindir del...

Ricardinho -

E para ilustrar o que se publica no blog hoxe compre lembrar que:
En dos casos máis recentes de transfuguismo-amiguismo na provincia de Pontevedra, son os concellos de Mos e Gondomar.
Neste último municipio, tal e como se denunciou, o PP non só non expulsou aos tránsfugas do seu partido, senón que un dos asinantes da moción de censura foi premiado cun escano na Deputación de Pontevedra e unha adicación exclusiva de máis de 60.000 euros ao ano.

No caso concreto de Mos, a actual "alcaldesa tránsfuga" figuraba como "asesor persoal" de Louzán na deputación antes da presentación da moción de censura.
Ante este escenario, queda probado que xerouse e negociouse no despacho do presidente e home de máxima confianza de Rajoy.

A troita -

Noraboa polo teu artigo. Concordo plenamento co que dis, eu tamén penso que o do presidente da Deputación de Pontevedra é un verdadeiro escándalo. Ese tío parece un mafioso.