O DECRETO DA IMNOMINIA
Coido que nada concitou tanta unanimidade como o, xa famoso, proxecto lingüístico de Feijoo; si facemos excepción da estrema dereita, logrou uni-las mais diversas opinións en contra do enxendro. Todas teñen valor, pero algunhas, ademais, a un gobernante prudente levaríano a meditar e sopesa-la súa acción.
Vin moi prudente e contundente o informe da RAG, pero non todo o mundo pensa o mesmo; os incondicionales desacreditan o informe, pero van mais aló, califican a propia Institución con adxectivos despectivos din que está fora da realidade; eles si que están fora da realidade.
A opinión dun grupo numeroso e variado de xuristas, o mesmo que a titular da cátedra de Dereito Administrativo da USC,ven indicios claros de ilegalidade, e si nos atemos os seus informes e moi difícil que o martelazo vaia adiante, pero o efecto perverso é moi difícil de evitar e vai a bater, de pleno, na liña de flotación da convivencia; dese xeito, o martelazo logra o seu obxectivo, que é sementa-la crispación e dividir a sociedade; a estratexia no é nova, xa a teñen experimentada e o resultado pode ser imprevisible
Feijoo di que está en contra do seu Decreto solo os nacionalistas, pode ser; eu non pensei que tantos había, grupos de xuristas, profesores de universidade, mestres, sindicatos, cregos, Institucións Académicas, Universidades, e un largo etc.
A manifestación última, malia ser en día laborable, reuniu moita xente; a folga no ensino foi moi seguida; todo por coacción, segundo Feijoo. O único certo e que o PP estase a enredar nun lío, no que nunca se debeu meter; xente do PP recoñece a perda de enerxía e popularidade, a fenda social e moitos mais males que poden vir. É urxente que alguén poña sentido nesta lea.
6 comentarios
Ceibe -
Pseudourbanitas -
Pepe -
Son pouco maís de 7 millons de habitantes no Israel, e fixaros ben. E nos que temos unha lingua propia, que sigue viva, pero en estado critico, cando se intenta sacar de ise estado case agónico, a ignorancia e complexo fai que os talibáns do castelán intenten que morra de unha vez por todas.
E os que falan de imposición, nunca houbo maís imposición na historia que a do castelán sobre o galego, unha e outra vez, e seguen ao mesmo.
Xerardo -
Galicia Profunda -
Recollo aquí os mellores momentos:
- Ahora dile al profesor de matemáticas que debe dar la clase en inglés, porque no aprobó la oposición para esto. Y otro problema, si a los alumnos ya les cuesta aprender las materias en una lengua que conocen, pues imaginemos cómo será aprenderlas con una lengua nueva. No entenderán ni papa. La Xunta está haciendo una cosa muy enrevesada e inadecuada.
- Esto es una aberración.
- Jesús Vázquez es el conselleiro más conflictivo de todos los responsables de Educación. Generó conflictos con las escuelas de idiomas, con la retirada de especialistas en pedagogía, en FP, con la consulta sobre el uso del gallego, en la universidad por falta de financiación Crea conflictos en un montón de sitios donde no los había. Este hombre no crea más que problemas.
- Esto no tiene ni pies ni cabeza.
Eu son da opinión de que os pedagogos entenden mellor as cousas da educación do que as podo entender eu. Así que se o di, por algo será...
Jt10 -
Si miraran asi polos problemas coma o paro ,outro galo nos cantaria pero parece que non interesa...