Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A TUTELA

A TUTELA

 

 

           Cando se fala das eleccións pra dirección do PP Ourensán, nin a distancia  física, sentimental ou causa allea, sacan de min o interés polo tema.

              Non me diredes que a situación non é intrigante e chunga; o tutelador tutelado. O alcalde de Verín, home de Feijoo en Ourense, co permiso de Mirinda, solicítalle o seu primo de Zumosol unha intervención oficial e directa; ou sease: nin por un lado, nin polo outro, teñen  asa cousas claras. Baltar antes tutelador é declarado incapaz e tutelado por Rueda, e dicir Feijoo, e dicir, o lado escuro.

                Ademais de decidirse o futuro de Feijoo, non do PP, está claro que todos estamos involucrados nesta loita de  caciques e o que pense que non lle afecta é que nada ten que ver co pais.

                Jiménez Moran  é coma unha cometa que se mece no vento, o seu señor é o que teña mais poder, e se antes foi Baltar, agora é Feijoo.

                 Por un e por outro bando empréganse medios públicos, Rueda, qué o que leva a campaña, no nome de Feijoo, non solamente usa os medios do presente,  tamén fai promesas de           futuro, e eso son, pra algúns, argumentos difíciles de resistir.

                 Fáiseme chocante a apelación a limpeza e a democracia, supoño que non é o  signficado que ordinariamente se lle da a estes conceptos.

                   Rueda falou de que intervirán no congreso de Ourense pra garanti-la liberdade. Cando un personaxe así fala de liberdade dáme medo; usa a mesma linguaxe de Feijoo,: mais ben, quererá dicir, protexe-los intereses de  Feijoo; así que será xogo limpo.

                   Moran, o candidato de Feijoo, arroupado por Mirinda e Rueda, ten avais duplicados, que terían que anular; non sei do método que usou pra obtelos, pero as cousas xa empezan cunha negra sospeita; de aí que pedira axuda os seus mentores.

                    Da independencia e da limpeza encárgase Rueda, que é o mesmo que encargarlle a vixilancia das galiñas ó raposo: O trío: Rodríguez Mirinda, J.Moran e Rueda andan soltos; todos de cu contra as paredes e que sexa o que Deus queira.

4 comentarios

eu o autor -

Xa pensaa en Varela, pero nonmerece a pena, é tan malo como os seus compañeiros O goberno é un cutre xardín de bondais.

Burgas -

Tes razón, este proceso do PP en Ourense cheira que fede!!!
Cos Baltares polo medio todo é posible, medo da.

Wenceslao -

E para cando unhas verbas adicadas a enésima polémica xerada por un dos membros do goberno da Xunta?
Refírome neste caso ao conselleiro Varela, quen ven de lixar a cultura galega chamándoa ensimismada e retrasada. Menudo adalid do noso patrimonio que temos na consellería...con amigos así, calquera precisa inimigos.
Pero de onde carallo saca Feijoó a estes tíos???
E eu que pensei que as conselleiras de sanidade e do paro eran malas...pero ainda haberá quen lles gañe pola mau..

De Cantelo -

Canto me alegro que ao Freijolito lle medren os ananos ata dentro do seu propio partido. Era tempo que un trepa como este atopara quen lle saíra á fronte. Ata o momento sempre se gabou de ter estado no momento oportuno no lugar preciso. Primero baixo a cobertura do infame Romay Beccaría, e logo aproveitándose de ser a peza que Rajoy colocaba no funeral político de Fraga Iribarne.
Pero eses tempos de rosas e viño remataron e agora toca gobernar, contra uns e os outros. E sorprendentemente, quen máis resistencia semellan opoñer son algúns dos seus correlixionarios.
Pois veña!!! Que xa me estou a rir...