A PANTERA ROSA
Despois de que lle pintaran de rosa a fachada o Director Xeral de Política Lingüística, xurde o intre das interpretacións, si dese feito se deriva unha interpretación directa, ou hai algún mensaxe subliminal. A primeira vista parece claro que pintan de rosa a casa da pantera rosa, esa é a primeira conclusión.
A pantera rosa ten certo amaneramento, certas poses singulares; sendo intelixente e, o seu modo dilixente, fai os traballos sucios e logra os obxectivos que lle marcan e que esperan dela; é unha boa servidora do poder. Na realidade foi creada como créditos nun largometraxe de Edwards, pero a creación tivo éxito e pasou a se-la protagonista dos seus propios films, pochéndolle a música o mesmo Henry Mancini; é dicir, foi concibido, ó primeiro, como un personaxe de recheo.
O papel que interpreta o Director Xeral de Política lingüística tamén foi concibido como un recheo, e en todo caso, como un recadeiro, interprete dun papel, no que o director de escena é Feijoo, pero o que pon a música, na que se moven os personaxes, está oculto entre bambalinas; esa sería a mensaxe subliminal
3 comentarios
Laiño -
O caso é que lendo os seus textos de hai só un ano xa teño argumentos para criticar o seu decreto contra o galego.
Anton -
Aventaxado -