LIBRES E BILINGÜES, O meleiro
Ultimamente está de moda atopar semellanzas, dobres, incluso, de persoeiros públicos. Aló na aldea, o tío Primo tiña un colmear moi grande, e á hora de colleita-lo mel recurría a un personaxe que parecía, na cara, un dobre de Feijoo, ademais, falaba moito e non dicía nada; aí terminaban as semellanzas.; el levaba unha vida dea ermitaño, vestía roupa cutre e calzaba botas de goma; era un traballador que curraba moito pra gañar pouco, pero era sinxelo e tiña amor a aquel raro traballo. Podíavos falar mais do meleiro, pero nada interesante, deixémolo en que era un home de vida sinxela e rutinaria, pero que tiña esa peculariedade de ter unha faciana coma a de Feijoo, aínda que non tan dura, malia que sempre andaba á intemperie.
Feijoo usa o termo libres e bilingües; pois ben, os galegos queremos ser libres e bilingües; non nos arreda que os fascistas usen eses termos, o mesmo tempo que nos queren mutilar culturalmente; nosoutros queremos ser libres, este feito estase a repetir a cotío polo noso pais; namentras os fascistas din que Galicia seguirá a ser libre ( e serao, malia que lles pese), e falaremos a nosa lingua.
É difícil de comprender que a xente xogue coa convivencia, use perversamente, estes conceptos tan nobres pra disimular a súa facinerosa acción de ataque o noso cerne.
Os adxectivos usados a estilo Feijoo son un NO-DO que nos leva o mais profundo do franquismo, pero a noite, por longa e escura que sexa, será precursora dun día que esperamos sexa luminoso
4 comentarios
Ventureiro -
Jonsas -
O DRACULA DE FRIJOLES FOI ESPANTADO CO O ALLO FORTE DA PROVINCIA DE OURENSE "BALTAR"
CO BALTAR SEGUIREMOS A SUFRIR BEATIFICAMENTE O CACIQUISMO DE SEMPRE E EVITAREMOS O MAIS TRISTE LATEGO DA DICTADURA FRIJOLESCA...
sartalo -
menudo OSTIÓNNNNN, se acaba de dar o Freijolito e o seu enviado no congreso do PP-de Ourense!!! Sei de boa tinta que a intervención do alcalde de Verín foi asubiada polo siareiros de Baltar...menudos son estes!!!, e que cando Feijoó, Rueda e toda a panda de Santiago chegaron non lles fixeron nin puto caso!!!
Ja,ja.ja...como me aledo de que lles deran un bo revolcón!!!
a cabra do saviñao -
Copiade este enlace e visitádeo...
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/01/30/0003_8261501.htm