Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MALOS TEMPOS

MALOS TEMPOS

 

 

              Eles ían arranxa-lo das listas de espera pra recibir atención sanitaria, levan camiño de logralo, as esperas son xa de desesperación  medran como unha bola de neve. Esto o mellor ten como obxectivo que estes doentes opten pola privada.

               Nunca hai un tempo bo pra estar doente, pero semella que na actualidade, aínda pode ser peor. A Conselleira de Sanidade, mais que Conselleira é unha costureira, que se dedica a votar  remendos ó xa feito, sen que faga proxectos  de futuro, que non vaian encamiñados a engordalos negocios privados dos amigos: O primeiro gran negocio foi a privatización da xestión do Hospital do Centro Galego de Bos Aires.

               A privatización da xestión xa está pensada pros centros sanitarios proxectados en Vigo e Pontevedra. Os centros construiranse con diñeiro público, pero a xestión dos mesmos será privada. Parece que á vaca non se lle pode sacar mais leite; pois si, este PP aproveita tódalas oportunidades  de negocio. O hospital de Pontevedra proxéctano construír no monte Carrasco, dese xeito, aínda que se gastan cartos en acondiciona-lo lugar,  énchense os petos dos amigos coa especulación urbanística, e pouco lles importa que o de menos custo houbera sido ampliar a residencia de Montecelo.

               No proxecto hospitalario de Vigo suprímense o número de camas que teñen en convenio en Povisa, dese xeito, esta clínica privada, aínda que lle remate o convenio, ten o negocio asegurado. O número de camas que se suprime chega as catrocentas. E digo eu: ¿qué di Louzán, presidente da Deputación,  desto. ¿Qué di Corina Porro, actualmente Presidenta do Porto de Vigo, candidata a alcaldesa de Vigo, cala e consinte, e non se lle oe, nin se lle ve. ¿Qué di Feijoo, candidato a Deputado por Vigo?, nade o sabe. ¿Qué di a ayatola de Galicia Bilingüe, viguesa ela? Que a súa guerra e outra, o seu reino é de outro mundo. Pra completa-la conexión pontevedresa: ¿E Rueda?, xira, e xira coma a roda dun muiño.

               Vigo, motor de Galicia. !que gran vasallo, se tivera un bo señor!

               Os cartos saen dos nosos petos, non dos seus. Toooooooma austeridade.

2 comentarios

lis -

O PP como sempre quere, e vai a privatizar todos os servicios e os traballadores a rua.
Durante 20 anos imos estar dependendo das empresas privadas que nos xestionaran a sanidade.
Feijoo sempre apollando o capitalista ."QUEREMOS UN HOSPITAL FINANCIADO PUBLICAMENTE SEÑORES DO PP". Escoiten o pobo galego.

Castrelos con cachelos -

O do proxecto do novo Hospital de Vigo é a mostra máis palpable de que a dinámica do actual goberno galega é unha pura improvisación, e de que nos venden a moto a cada día que pasa.
Un día amencemos con que terá máis de 1000 camas, outro 700, a seguires 1200...e así constantemente. Mesmo pensei que ao final rematarían por chamar a Brilat de Pontevedra e poñerían unha carpa como as dos Circos en Samil co nome do novo hospital e a tomar polo cú...
En fin, a estes tíos compre tomalos con humor, que si non...