DE CACHONDEO
Hai unha enquisa A Xunta págalle a LA VOZ DE GALICIA 150.000 euros pra que informe dos orzamentos; unha de dúas, ou son impresentables e queren que nos fagan comulgar con rodas de muíño, ou é a enésima subvención encuberta a LA VOZ DE GALICIA. Este non é o primeiro contrato adxudicado a este diario, sen concurso e sen publicidade, o que contradí o prometido por Feijoo en campaña electoral. Claro é unha mais das promesas incumpridas, que mais da, no Pazo do Hórreo solo se está pra que chegue o final de mes. Esto dous contratos, non son un caso único, o Conselleiro de Cultura, segue espremendo a Cidade da incultura con contratos opacos, ó que hai que engadir o contrato de Meca, do que se descoñece o importe, o foi moi comentado: tamén atopou no xacobeo unha mina pra adxudicar contratos, sen publicitalos. Alucino que nada se mova, cando tódalas consellerías parece que están a competir por repartir prebendas entre os amigos. Feijoo e os seus colleron a Galicia como un botín, unha gran finca da súa propiedade, pras súas tropelías e os contratos son adxudicados ós amigos, a dedo, sen concorrencia e sen publicidade.
6 comentarios
Lestrove -
A guerra polo poder foi sucia e total. Un chamáballe ao outro cacique e fillo de papá, e o outro tildábao de tramposo e faltón.
A cousa foi tan fea que xa se avisou dende o primeiro minuto do novo baltarato que vai haber pouca piedade para os vencidos. Dixo O Noso Alberto que a pelexa tabernaria disputada en Ourense foi un exemplo de democracia interna e un triunfo de todos.
Non digo que non. Pero para min que foi todo o contrario...
Sabias palabras que eu subscribo totalmente.
laura -
E eu ríome a esgalla, claro..
Jonsas -
O problema de verdade é o de miranda deputado do pp que cobrou 22.370 euros en dietas por desprazamento, namentras ia en coche oficial de Baltar, a quen despois traicionou comportandose como un autentico xudas iscariote,
Polo tanto unha cousa é a maisima educación e outra a estafa popular de sempre e que afecta o bolsillo o pagar os nosos impostos. non a miranda! miranda dimisión!
FRIJOLES ESCOTIA O POBO ESTA NA LOITA
Balbino -
Ti tamén, verdade Telmiño?, coido que a ti e a mailo teu xefe provincial quèdanvos poucos dias na política.
O que ten cu ten medo...
Xeve -
Vese que non todos os populares se sinten tan ben tratados polos xornalistas.
A este xa se lle vai descubrindo o talante que
ten...
Pola boca morre o peixe!!!
De Cantelo -