COMO O GATO BARRIGA ARRIBA
Rodríguez Miranda defendese como o gato barriga arriba. De dimitir nada; ve lícito mentir, falsear, defraudar, e todo aquilo polo que o común das persoas terminarían na cadea. Pra mellor defenderse, coa axuda do partido, puxo en marcha o ventilador pra esparexer lixo sobre os deputados dos outros grupos, demostrándose que solo son inventos do PP, pero o dano, aínda que sexa mentira, xa está feito, pero o Mirinda como non lle apliquen un mucólítico non se vai.
Un Deputado do PP por Lugo, Agustín Baamonde, tamén pringado coas dietas, di que se debe facer unha interpretación lasa das axudas a custos de viaxe; supoño que quere dicir que ós parlamentarios están por encima da Lei e desas cousas dos mortais, e debían poder cobrar dietas sen condicionamentos, á marxe de normas e regulamentos, enredos pras súas Señorías.
Como non, Feijoo saíu en defensa de Ruiz Miranda, unha vez mais, ni el mesmo o cree, avogou pola honestidade do seu goberno, el mesmo non está no caso dos fraudes, pero como di aquela sentencia: cando se dan explicacións sen pedilas, un mesmo se está acusando.
Miranda, ou Mirinda, declarou que non pensaba reintegrar o indebidamente cobrado, alguén o debeu convencer de que era mellor, polo seu ben e o do partido, que o fixera voluntariamente, a cambio sementarían toda clase de acusacións contra de deputados da oposición, pero o que mais lle doeu a Mirinda é ter que devolve-los cartos, !co lle custou gañalos!
En Irlanda reintegran os cartos, en Inglaterra, por menos, están no xulgado, pero a Mirinda haberá que darlle no cádavo pra que devolva o que indebidamente, e con engano, cobrou. Mirinda pode estar tranquilo, pertence a unha clase social con licencia pra facer o que lle peta; nin a Fiscalía, ni a presidenta do Parlamento entran no tema.
No Parlamento de Valencia, tanto Rita Barberá como Camps, asombran coas súas declaracións da renda. A obxección fiscal dos contribuíntes sería normal, a Inspección Fiscal non funciona, aínda que será nalgúns casos, claro.
Chungo o do deputado de NG do PP, que foi sorprendido conducindo borracho cando eran un dos membros da Comisión de Seguridade Vial; con todo, no seu haber ten que presentou a dimisión na Comisión, non como deputado.
Co que vemos, non é raro o distanciamento dos cidadáns da política, e aínda teñen cara a pedirnos compromiso e sacrificio.
6 comentarios
Leborán -
Vincios -
Noraboa polo blog. As veces estás verdadeiramente inspirado e fasme pasar un rato divertido. Saudiños
pitaazul -
Leborán -
RAMONA -
Sartalo -