XA ESTAMOS EN CAMPAÑA
Chámanlle precampaña, e dicir, que a campaña virá despois, !cantos rebuznos nos agardan!. Esto é face-las cousas con tempo, falta mais de un ano e medio pras eleccións, e xa teremos que escoitar novas promesas cando non se fixo nada do prometido, agás a deconstrucción do pais.
A esta xente temos que recoñecerlles un valor, pra eles non existen límites morais, nin recoñecen erros, nin fracasos, por eso iniciaron a súa longa precampaña en Allariz, concello no que Miranda está na oposición, unha oposición, na que o PP leva 20 anos.
O PP xa ten decidido cales serán os seus candidatos nas principais cidades, é unha lista de personaxes, dos que sobresae Negreira na Coruña e Telmo en Pontevedra, aínda que este último ten tantos intereses urbanísticos na cidade do Lérez que prefire estar agochado, manexar e facer negocio; Conde Roa e Corina parecen fixos nas listas, pero é significativa a incógnita de Ourense onde hai que contar con Baltar.
O Goberno de Feijoo recibe ós candidatos do PP como si xa foran alcaldes, mentres ningunea ós titulares das alcaldías, eso demostra que o goberno da Xunta non ten, sequera, aparencia de ética, nin vergoña.
!O que nos queda!; esto non debía estar permitido, !menudo costo de campaña!. tooooooma austeridade.
Quédame unha dúbida, ¿prestaralles Citroën un coche pra campaña, a cada candidato do PP, como fixo con Feijoo?
2 comentarios
Ramiro -
Ventureiro -
O caso da Coruña da máis medo todavía. Só pensar que pode gobernar Negreira deixa a un co corpo tremendo. Seria catastrófico!!!