Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

VARELA E SAN PEDRO

 

                                                                           

 

                      Que San Pedro me perdoe pola comparanza, pero o Sr.Varela Conselleiro de Cultura negou  no Parlamento, amosándose ademais moi ofendido e usando palabras de groso calibre, barriobaixeiras quizá, con desprezo ó interpelante, terse referido en Madrid a Sobrado dosa Monxes coma  Faiado dos Monxes. As cousas hai que ve-las no seu contesto: ese día nade lle  fixo un control de alcoholemia o Sr. Varela, tamén hai que comprender que lle puido haber xogado unha mala pasada o subconsciente; no faiado agóchanse trastes vellos e segredos que se subtraen á   xente. Seguro que tiña en mente a operación retablo, ou calquera outra falcatruada da súa Consellería.  

                      Os galegos non saben valorar a valía e os desvelos do ilustre Varela, un valedor da cultura  galega, quizá candidato  a unha medalla Castelao, a proposta do senlleiro personaxe que preside a Xunta.

                      Ningunha das desculpas dadas por Varela lle restan responsabilidades, xa chove sobre mollado e o normal sería o cese, pero nin o cese, nin a dimisión, están no haber dos personaxes involucrados, e Conselleiros tan malos hainos no goberno; así quen non esperemos ningún xesto de dignidade política de ningún membro do goberno, seguiran mentindo, seguiran facendo o ridículo, seguiran molestos por acudir ó Parlamento e responderan con malos modos ás preguntas  dos interpelantes.

                      O comportamento dos membros do Gabinete é como un xeito colectivo de conducta, unha forma de comportamento, imposta, ou copiada do Líder, a  saber: autosuficiencia, chulería e prepotencia,; unha chulería que non scorta nin ante a morte

 

 

8 comentarios

Pototo -

Ao conselleiro de desván, anteriormente coñecido como o conselleiro ensimesmado e algo acomplexado; ao conselleiro de cando e onde, ao conselleiro do xacobeo que remata en calqueira lugar menos en Santiago, como exemplo "os camiños, a través da súa gastronomía, non remataron en Santiago, senón en Xantar" que dixo en Ourense e recolle Jesús Trillo na Pedra de Abalar ( http://blogs.elcorreogallego.es/pedra-de-abalar/2010/03/08/xantar-ofreceu-en-cinco-dias-unhas-17-800-comidas/ )... en fin,

a este Conselleiro que como Garzón debe sufrir unha "enemistad manifiesta" ;) salenlle defensores alegando que nunca tal se viu, que nunca tanto se atacou a un conselleiro

Anónimo -

É QUE O CONSELHEIRO DESCONHECE O PAÍS QUE TEORICAMENTE TEM QUE DEFENDER E DAR A CONHECER !!!

A.L -

Dende logo da gusto ver como lle votan cinismo istes do desgoberno do país,o grave de todo isto non é que mintan de cotio ( lembrades negar ao expresidente Fraga que estivera en Burgos? ) logo tivo que aceitar que si estivera aló CASO DO PRESTIGE . pois ben a este pasoulle o mesmo, detédevos a pensar un pouco y chegaredes ó triste convencemento de que tomannos por parvos, que teñan a valentia de asumiren que meten a zoca

Leborán -

IncomPPetente!!
Mentiu ao Parlamento e quedou demostrado, ¿non si?
Pois cese ou demisión, non hai volta de folla.
NON, se ao final ainda van facer bo ao Pérez Varela, que xa manda carallo...

Egs21 -

Nin os de Galicia Bilingüe atreveríanse a tanto. Este goberno da Xunta é o "terminator" cultural de Galicia. Incrible o feito. Xa Varela (conselleiro de Cultura con Fraga) dixo aquelo de "Carmina Burana é unha famosa cantante galega". "Gallaecia delenda est" ("Hai que destruir Galicia") : "... dixit"

Antonio Grc -

Si, si... agora botámoslle a culpa ao tradutor. Lástima que non sexa o Zapatero, ho!. Ademáis, temonos que ir enterando que os topónimos non se poden traducir. Son coma son e punto pelota, que pra iso existe un nomenclátor (non recordo se coma decreto lei). Isto pasalle ao que non está acostumada a falar en galego e ademáis non quere, por que aínda que non quixese e fora respectuoso co de cada un (que tamén é o del) daríase conta no memo intre do erro e simplemente rectificaría. Pero isto xa mo dí todito da xentiña que coma el, son uns talibáns, irrespetuosos e faltos de educación total. Despois aínda ten a cara de dicir que él xamais dixo nada polo estilo. Pasalle como á outra tontiña (no sentido máis pexorativo) de Rosa Díez de non querer retificar. Así lle vai. E iste señor disque é ou foi diplomático!. Mi madriña!.
A quen fichas Feijonetas?.

Catuxa -

Coño!!! Que un conselleiro teña que recurrir ó traductor para os topónimos....
ver e oír para crer!!!
non nos merecemos estas choqueiradas.
DIMISIÓN XA POR PARVO
Este non se cre nin el mesmo o que di, alguén llo escribiu para que todos nos riramos del, é verdadeiramente incrible.

Volvoreta -


Para a tradución seguramente usara o Open trad, pero ata un parvo dixitalmente falando, sabe que despois hai que comprobalas.
Menudo Gabinete ten Feijoo, e menudo gabinete ten o Conselleiro, que de seguro foron os verdadeiros responsables que lle colaron o gol...