O CLAN DOS MIRINDAS
hai unha enquisa colgada
Había uns refrescos de laranxa e de limón que se comercializaban baixo o nome Mirinda; non tiñan nada, pese o nome, de laranxa, nin de limón, no seu lugar usaban un ácido cítrico, é dicir, nada era o que se prometía. O mesmo lle pasa ó PP cos Mirindas e demais membros do clac teatreiro do goberno da Xunta.
Co aniversario da toma do poder na Xunta polo PP, abandeirando un neoliberalismo, co que se pretende facer desaparecer o sector público e converter Galicia non espacio de negocio clientelar, viron a conveniencia de vende-lo proxecto que están desenrolando, orquestando unha campaña publicitaria, que faga comulga-los cidadáns con rodas de muíño.
Eu, igual que lles pasaría a moitos lectores da prensa quedábame atónito ó ler algunhos artigos de prensa, entre eles, como non, os dos famosos Miranda, Mirinda pros amigos, gabando a labor do ano de réxime de Feijoo. Cando facías unha síntese dos logros, non atopabas mais que a demolición do que outros fixeron, así como vagedades e consignas políticas como si aínda viviramos no réxime de Franco.
Foi unha ofensiva mediática onde se reflectía a talla periodística dos asinantes e as auténticas carencias do réxime, así como no que fundamenta a súa labor deste ano, que non foi, a mais das demolicións, unha parálise e un adulamento ó poder. Un ano que perdeu Galicia, non por culpa de Feijoo, por culpa nosa, porque o puxemos nos ai.
Mentres apuntan unha dieta, chúchanlle o sangue ó pais, !menudos gaiteiros!
1 comentario
pitaazul -