Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

EVOLUCION

EVOLUCION

votade na enquisa

 

                     Despois dos esforzos de Feijoo, os medios de comunicación afins e os servicios abnegados de Rueda, a fusión das Caixa Galegas pasa a un segundo plano, Feijoo coa súa chulería e verborrea de charlatán de feira, dixo  en Pontevedra que acataría a sentencia do Tribunal Constitucional, (que remedio).

                     Zarrías acudiu a reunión, cos comisionados de Feijoo, acompañado de Avogados do Estado que marearon e fixeron uns zorros a comisión de Feijoo. O realmente decisivo pra convencer a Feijoo foi a chamada de Rajoy. Rajoy pode permitirlle a Feijoo batallar polas caixas, ou polo que se lle antolle; sempre será bo que lle cree problemas a Zapatero; pero o rapaz xa se volvía cárgante, ademais en Vigo pedíronlle que lle votara po freo, e Rajoy reconverteuno, porque está ben que se lle creen problemas a Zapatero; pero eso de crear unha banca pública galega, como pretendía o Bloque, saltarse o acordo co PSOE  de repartirse o poder financeiro e crearlle problemas ó PP en Vigo, era demasasiado.

                         Nese foro, que celebrou  en Pontevedra, no Hotel Galicia Palace, no discurso de Feijoo atemperouse ese ardor guerrilleiro pra fusión das caixas; non descartou a idea, pero pasouna a un segundo plano, dese xeito, os que antes eran aliados do proxecto, o BNG, perde os seus favores, non quere saber de Guillerme; agora cortexa a Pachi Vázquez, ó que tanto ten denostado, pero a política é así: cambios de parella,  de leito e do que faga falta; a fidelidade en política non existe.

                         A relación epistolar entre Zarrías e Feijoo ten un feito salientable; Zarrías escribiulle a Feijoo en galego; Feijoo dixo, en castelán, “meigas fora, vade retro”, púxose todo irritado, a súa  color era dun amarelo  verdoso. Un equipo medico de urxencia desprazouse a San Caetano cunha Unidade Móbil. Pensouse que lle sentara mal a tragonada de marisco que se zampara, porque tamén Rueda estaba vomitando; despois de analiza-lo contido dos ilustres bandullos, chegouse á conclusión de que os afectara a forma da carta de Zarrías. !que insulto, escrita en galego!o; aí se puido perder ese amor, ente Feijoo e Zarrías. A verdade que Zarrías debe ter un singular sentido do humor, e sabe como sacar de quezo a Feijoo.  Feijoo  xa pediu que  non figure Zarrías na comisión de negociación; non sei si sería polo da carta en galego, (xa sabemos o que irrita o galego a Feijoo), polo nivel da Comisión Negociadora, pola pasada e o ridículo a que someteu á Comisión da Xunta.

 

 

 

2 comentarios

Verderolo -

Ben falado. Gústame cando utilizas a ironía para sacarlle punta aos feitos. De seguro que Feijoó agardaba unha negociación baixo palio para máis gabanza súa, e atopouse que os seus recadeiros voltan de Madrid co rabo entre as pernas. Vaites, Vaites...

Sartalo -

Moi divertido o teu artículo. De seguro que si a carta de Zarrías foi en galego a maís dun foille mal en San Caetano, como ti dis. jajajaja!!!