MENUDO BALBORDO
Desconcértame o tránsfuga do PSOE de Ourense, non acerto a comprender que gaña Baltar con esta adquisición: Teño seguro que algo gañou o tránsfuga; mais que saber quenes son os enchufados que entraron na Deputación, teño intres en saber cal é o prezo da alma do tránsfuga; así, se me atopo co demo teño a suficiente información pra negocia-la venda de almas parecidas ó tránsfuga de Ourense, que sei que hai moitas.
Boa a armou Baltar, xa ten que ter valor o que hai escondido, pero non creo que lle compese, a non ser que solo pretenda desestabilizar.
Os enchufes da Deputación son sabidos, o mellor ata se esaxera, pero o certo é que o emprego de persoal no Organismo Provincial está cuberto dun manto de sospeita. Non sei onde pretenden chegar coa lisa de enchufados, pero voto en falta que non se estenda ós concellos porque aí tamén hai tomate e, xa que estamos, á Deputación de Pontevedra; porque en apaños, tránsfugas e demais arranxos, poucos se poden igualar o presidente da Deputación de Pontevedra.
0 comentarios