RESUMO DO DEBATE
Ningunha resolucións pra aplicar no goberno de Galicia, podíase esperar, logo de cómo se desenrolou o debate. Haber, o que se di haber, houbo resolucións, laminadas por unha maioría intransixente e feitas mais pra galería que pro pais. Houbo resolucións curiosas, pactadas, como esa do fomento da natalidade; o paro no tivo pai, foi penoso o xeito en que se votaban as culpas; no plan eólico dise que se restitúe a legalidade, coa inseguridade xurídica que se xenara, fai falta moito morro pra dicir eso. O pacto polo territorio ten moita retranca, tanto polo que é en si, como polo que circulou por debaixo da mesa; Pachi estaba mediatizado polo tránsfuga de Ourense e por algún alcalde socialista da costa, que quería ter as mans libres no urbanismo; A lei é unha concesión ós intereses do ladrillo, unha volta atrás, pra satisface-la glotonería dos especuladores. Dentro do grupo socialista xenerouse unha gran tensión, ó final abstivéronse, que pra min é un xeito de apoio, porque si se ten algo claro hai que mollarse, non quedar na indefinición.
Pachi ameaza con leva-lo PP ós Tribunais si tocan a Touriñan. Difícil de entender si se apoia a lei que o permite, aínda que sexa absténdose.
- Pensaba facer un resumo das propostas; sobre a marcha, dinme conta de que sería darlle importancia a un debate que non a tivo. Pra min Feijoo, en lugar de render contas a Galicia, nun desprezo á xornada parlamentaria , deuse unha volta pola Vía Láctea, e as súas Señorías a durmir, e a xornada pasará a hitoria polo que non se fixo e se debeu facer.
5 comentarios
Volvoreta -
Miúda pantomina se montaron PP e PSdG con Touriñán, coma se iso fose de verdade o grave desta Lei. Moitos dos seus alcaldes con construcións ilegais hoxe durmirán tranquilos. Impunidade ao poder.
Ricardinho -
Por favor, autor, unha mención ás probas de acceso á administración galega deste ano...MENUDO ESCÁNDALO!!!
Roubo, roubo e máis roubo diante das nosas narices e ninguén da un chío...
Leborán -
No referente ao PP, dicir que con esta Lei, Fraga, ao lado de Feijoo vai a parecer un defensor da natureza. Vaia co Alberto. Ecoloxista non é, iso desde logo.
Eubensei -
PERO OS CULPABEIS SERÁN TODOS OS GALEGOS QUE VOTARON AO PP, E O PSOE QUE EN LUGAR DE VOTAR EN CONTRA OPTOU POLA ABSTENÇAO
Anónimo -
Javier Guerra si que é un auténtico personaxe. A charlatanería feita persoa. Agora di que vai crear 5.000 postos de traballo, moitos máis que o bipartito. A min que me ensine os papeis de onde saca as cifras porque senón fagamos todos como Mayor Oreja, publicitemos opinións como se foran teses doutoriais e logo os nosos "compas" dirán "es que sabe mucho del tema". O caladiño do Guerra que ten paralizado o sector industrial galego pretende comparar dar megawatios aos seus amigos de Iberdrola coa creación de traballos eólicos e industriais engadidos que tiña o bipartito. Millor era que quedara caladiño o charlatán.