Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SOLO PODIA PASAR EN GALICIA

SOLO PODIA PASAR EN GALICIA

                    Non se pode quita-la enquisa por un problema no servidor. Estamos nelo.

                   Se alguén esperaba que o Valedor do Pobo estivera no seu papel Institucional está soñando, ou pensando que vive noutro pais. O Valedor criticou a oposición, mostrou parcialidade  nas súas opinións, así como desprezo e desconsideración ós Deputados da Oposición.

                   A mesa de Normalización Lingüística calificou a súa intervención de chulesca, e a oposición presento un escrito na mesa do Parlamento protestando pola súa intervención.

                   O meu modo de ver, a súa intervención debía limitarse o seu cometido, evitar enfrontamentos no Parlamento e  dar sensación de imparcialidade. Fixo todo o contrario, extralimitouse nas súas  competencias e, non solo foi parcial, amosouse como  un seareiro de Feijoo.

                   O Valedor ten que ser independente de tódalas ideoloxías, e se non é independente e imparcial, ó menos ten que parecelo, garda-las formas e non declararse un seareiro dunha corrente política e faltar ó ríspeto as demais formacións.

                   A presentación do escrito de protesta na Mesa do Parlamento, non solo me parece unha reacción morma, senón que peca de falta de vigor, dada a dimensión do insulto. A Oposición debía pedir un pleno pra reprobalo, como o PP se ía opoñer,  non se podería cesar.  O Valedor aínda que seguiría no seu cargo,  a reprobación serviría pra poñelo en  evidencia.

                    Cada pais ten o que se merece, e nin Feijoo, nin o Valedor está ai por que naceron no cargo por xeración espontánea; está aí por culpa dos galegos.  Xa é hora de que este deixe de ser un pais do inframundo  e estes personaxes ridiculicen as Institucións.

                   Debería aprender un pouco, solo un pouco, do Ministro de Educación, elegante e educado; a preguntas de periodistas sobre o tema, negouse a comentalo asunto por respeto ás Institucións e a Autonomía, pero dixo que as linguas eran patrimonio sagrado dos pobos e hai que respetalas e protexelas, e non utilizalas como arma de discordia pra dividi-la sociedade.

2 comentarios

Euquesei -

O valedor do pobo tiña que adicarse ao seu traballo con imparcialidade, se quere participar na refrega politica que se pronuncie abertamente.
A comparecencia na Cámara o outro día foi unha vergoña para a Institución que este señor representa. Ben merece que o reproben.

Recamán -

Estás moi acertado no que dis. Vaia diferencia , entre o Sr.Gabilondo e o conselleiro de Educación que nos tocou en sorte para Galicia, por obra do sr.Feijoó. Polos feitos os coñeceredes, e ao final cada quen retrátase como o que é.