O PROB RECURRIDO
Aínda que Feijoo e Rueda actúan como os clásicos matóns de barrio, sendo proclives a ameazar o adversario; ten visos de realidade a ameaza que Rueda soltou no Parlamento, dicindo que a Xunta ía recorrer o FROB. Todo esto sae logo de que o primo zumosol do Presidente de Caixa Nova lle votara unha man.
Pachi pedíalle a Feijoo que deixa de enredar e non entorpecera as negociacións de Caixa Nova e Caixa Galicia, pero os peores contratempos pra Feijoo viñan de Madrid, que cheos dos seus enredos deixaron de escoita-los seu cantos. O recurso do FROB, feito o derradeiro día hábil, levanta a sospeita de que se debe mais a unha rabieta que a fundamentos xurídicos.
Xa facía tempo que o BNG lle requiriu a Feijoo que presentara o recurso, pero no o fixo; agora vese como un acto extemporáneo e caprichoso.
Sospeito que o feito de que lle deran protagonismo a Gayoso, na fusión das Caixas, ten moito que ver. Gayoso é a súa besta negra, non cede ós seus desexos e non pode quitarlle a cadeira. Dixo, de Gayoso, que nunca tan poucos fixeran tanto dano a tantos. !Que magoa de que non se aplique o dito a si mesmo!. Nestes desatinos tercia Zarrias e di de Feijoo: “confío en que uns poucos, enganando a moitos, non danen a Galicia.
Nun primeiro momento a Xunta viu correcto, despois amagou con recorrelo, pra logo esquecerse del. Na auditoría fantasma a Xunta chegou a presentalo como un elemento esencia e estratéxico, pra ver o último día a inconstitucionalidade do FROB.
A Lei de Caixas non se fixo coa intención de crear un grupo financeiro do pais, tiña por obxecto o control político das caixas polo PP pra darlle o lote a Xénova, este cambélanche non era do gusto de Caixa Nova e púxolle a proa dende o principio; dende as Institucións Económicas, especialmente dende o Goberno, respaldouse a Gayoso. A idea era que as Caixas foran protagonistas da fusión, pero Feijoo é incapaz de facerse a un lado e deixar de enredar. Non se pode negar que a outra opción ten unha compoñente política, sería bo que non xogáramos coas cartas marcadas, pero eso é pedirlle peras o olmo.
O divertido, sen que por eso deixe de ser serio, é que Feijoo apoia agora os plans de fusión de Caixa Nova. Agora si que me creo aquelo de que non tiña un criterio tomado. Este home é un camaleón, con tal de estar na pomada apuntase a un bombardeo, incluso din que ten preparados dous discursos distintos: si o asunto prospera o mérito é seu, se fracasa, a culpa é de Gayoso por poñer condicións inasumibles; pero veremos como explica o dos 3000 millóns de euros necesarios pra fusión, terá que asumir que a valoración técnica que encargou, era un fraude. Seguiremos con este asunto.
0 comentarios