ENTRE DUAS LEALTADES
Como colándose no debate da autonomía, Baltar volveu ó curral e coas orellas gachas; escenificou co apoio a política lingüística da Xunta, aparecendo nunha foto con Feijoo, e proclamando as bondades da mesma. A calquera lle pode resultar unha escena subrealista, o mellor o era, e na escena os personaxes escondías as navallas, de feito a Feijoo non se lle viron os dentes, con disimulo, miráballe a Baltar pra xugular. As ideas de Feijoo e de Baltar sobre a cultura galega e o galego son diametralmente opostas, polo que intuímos que ten que haber unha razón pra esta escena..
O fichaxe do tránsfuga do PSOE foi un mal negocio pra Baltar. Pachi lanzouse a polos Baltar. En busca da súa axuda, transíxelle a Feijoo o que sexa, mesmo lle da apoio pra un novo concurso eólico e pra unha nova lei de ordenación do territorio. Os acordos de Pachi crearon tensións dentro da agrupacións socialistas e o apoio á Lei de Ordenación do Territorio segue a ser unha fonte de conflictos dentro das filas socialistas, tamén lle restoulle puntos a Pachi pra lidera-lo grupo; non debeu tomar como algo persoal o cambio de chaqueta dun militante de Ourense, por moito que lle amolara, e vende-la alma ó demo; penso que, definitivamente, se descartou como líder dos socialistas.
Feijoo, non solo divide á oposición, tamén abre feridas dentro de cada grupo; hai que lle recoñecer que ten arte e que á oposición aínda lle falta moito pra madurar.
A foto de Baltar con Feijoo, pra darlle apoio ó Decreto da lingua, escenifica unha volta o redil de Baltar en busca do seu primo de zumosol; o que dubido é que Feijoo o volva a acoller no seu regazo, dado o seu carácter vingativo, o habelo posto, sen protección, ós pes dos cabalos de Pachi é unha mostra do que lle espera.
0 comentarios