METERLLE O DENTE
Pachi Vázquez quére meterlle o dente ó transfuga de Ourense e vingarse de quen lle da acubillo, pra procura-la súa vinganza, busca a complicidade de Feijoo, en troques, comprometeu o seu apoio Parlamentario a varias leis de Feijoo. O apoio a Lei de Ordenación do Territorio levantou tormentas nas fila socialistas e Pachi recolleu velas. Presionado por algun alcalde socialista da costa, Pachi non descarta poñé-la la pegada nos proxectos lexislativo-especulativos de Feijoo; pra xustificar este baile da ienka, pretende que Feijoo non deixe construír a piscifactoría de Pescanova en Cabo Touriñán; Feijoo non pode chegar a ese acordo, porque Pescanova é a que dicta a política pesqueira do goberno da Xunta e xa lle ten votado o ollo ó lugar; e mais, xa está mercando terreos, que pasaran a súa propiedade e cunha recalificación pasaran ó ladrillo. A Cabo Touriñán solo o pode salvar a Unión Europea, Cabo Touriñán e os demais espacios da Rede Natura.
Pachi columpiouse por moito que lle prometeran. Así chegamos a conclusión de que todo é negociable; se me apuran ata Cabo Touriñán.
3 comentarios
Berto -
É que non se dan de conta que o bonito tamén vende??
Recamán -
Fuco -