Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PALABRA DE SEÑORITO

PALABRA DE SEÑORITO

             

             Arenas, con unha mirada de desprezo e vista tendida ó infinito, sacando peito, leulles a cartilla ós votantes, pero especialmente ós votantes andaluces. Animado polas enquisas, xa falou como un estadista, aínda que eu diría mais ben como o señorito andaluz que nos pintaron; como se España fora o seu cortijo; mais que un mitin votounos unha regañina. Nosoutros que xa vivimos co lombo encorbado, posición a que nos levan as moitas cargas que temos que aguantar; aínda, pra mais, ven este home e repréndenos.

                Os moitos anos de exercicio do poder que leva o PSOE en Andalucía, cunha oposición mediocre, permitíronlle crear un clientelismo, co que se foi acomodando nas estructuras do poder, Nesta situación creáronse vicios que non son aceptables en ningún sistema democrático, pero eso non se soluciona co liderazgo dunha persoa, que ademais de ser un perdedor e un enredador, nega a existencia do evidente, nega que exista a corrupción, unha corrupción que non se limita solo a Gürtel de Valencia, Baleares, Madrid, Castela-Leon e Galicia, que é onde é mais notoria, senón que se  estende por toda España como unha mancha  de aceite, que a vemos e a sufrimos mais a menudo e con mais presencia do que fora desexable. Arenas, non solo nega a corrupción da que se fala, vótalle a culpa a Xuíces, á oposición e ós grandes expresos europeos; precisamente o que me da medo é esta negación sistemática da corrupción, o que nos leva a unha desconfianza do personaxe

4 comentarios

J.Blanco -

Menuda alternativa teñen os pobres andaluces, o tal Arenas, que pasa máis tempo na corte e reino que na súa terra. Igualiño que Feijoó que goberna mirando para Madrid.

Anónimo -

Pois eu penso que chegou o momento de que o Psoe deixe de gobernar en Andalucía. Non me gustaría que esta comunidade sexa ao final como o PP de Fraga (máis do que o é, certamente), que mesmo a súa política parece tan triste como un domingo sen futbol.

Boutureira -

Pois eu resístome a crer que a alternancia é posible en Andalucía. De seguro que o goberno de Griñán sacará preto das eleccións alguno PER ou semellante que condicione o voto das masas.
Está moi arraigada a cultura da subvención no pobo andaluz, e pareceríame moi raro que botaran ás "camisas blancas" como chaman aos señoritos do PP andaluz, desaloxándo ao Psoe despois de tantos anos no poder. Eu non me fiaría moito das enquisas. Vai ti se non son cociñadas precisamente para motivar ao electorado socialista.

a cabra do saviñao -

Canto de Feijoó hai na semblanza que fas da figura de Arenas...é incrible o que se parecen os baróns autonómicos do PP. Todos son uns señores lambidos con aires de suficiencia que mesmo semellan estar por riba do resto dos mortais, como enviados para redimir ao pobo extraviado. Feijoo, Arenas...tanto monta, monta tanto..