O NEGOCIO
O NEGOCIO
A preocupación da Consellería de Sanidade non é manter un sistema público de saúde, e menos melloralo, pola contra, pretenden ilo privando de recursos e desprestixiando a sanidade pública.
As listas de espera increméntase alarmantemete, de xeito especial en cirurxía, pero atoparon un xeito inxenioso de reducilas: A partires dun, tempo na lista, desapareces dela, bórrante, e volta a empezar.
A mais da política de recorrer á mentira dos furados orzamentarios, na elaboración dos orzamentos de sanidade fixeron un recorte na asignación á sanidade pública pra facer un incremento paralelo nos concertos con entidades privadas.
Algunhos profesionais da medicina nos lles interesa a Sanidade Pública e solo a utilizan pra captar clientes pras clínicas privas. Esto, xunto co abuso das medicinas, constitúen dous problemas que nade quere solucionar.
A sanidade ten que ser antes que un negocio un servicio público, pero o proxecto de hospital pra Pontevedra e Vigo dinnos que a Farjas ve na sanidade un gran negocio, aínda que non creo que sexa un invento seu, mais ben penso que hai que pagar facturas, algo parecido a Gürtel, pero adoptando un sistema distinto, porque ese medio xa se esgotou e agora hai que inventar algo novo.
0 comentarios