Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O CAOS

O CAOS

 

                   España é un dos países mais corruptos de Europa, aínda que a culpa e dos corruptos, tamén os votantes  temos a culpa de que florezan estes gobernos. Asómbrame que haxa moitos que, definíndose como apolíticos, son os primeiros consentidores deste caos. Vexo lexítimo que haxa apartidarios, pero é de pouco avisados considerarse apolítico, xa que imos sufrir as consecuencias dos actos dos políticos e vannos alcanzar os seus  efectos, por moito que intentemos afastarnos da liorta dos partios porque non vivimos nunha burbulla alleos ó que pasa ó noso orrededor, ademais o exercer unha opción, incluida a non participación, xa estamos exercendo unha opción, pode que pouco intelixente, porque lles damos a oportunidade a que outro decidan por nos.

             Que estemos decepcionados dos políticos no poder non debe implicar que nos automarxinemos da política. Os políticos profesionais, os que  viven da política, non quere dicir que sexan mellores nin peores, son profesionais, carrapatas do poder; nos, que somos os aficionados, temos o, non desprezable, poder de limpa-lo pais de parasitos, somos os limpadores  Solo temos que créelo e exercelo.

             O Gürtel vaise facer público, dedicaresmolles un comentario.

3 comentarios

Vincios -

Pois para min tanto ten Xan como Pelicán...
Coa clase política que temos hoxendía, calquera non se sinte desmotivado!!!. O mellor exemplo son as eleccións municipais onde hai pouco e moi malo para elexir.

Acarondosil -

Imaxínome que ise é un dos propósitos deses "políticos profesionais" dos que fala o autor no seu artigo: que a xente do común demita da política e se afaste dela.
Precisamente a nosa mellor arma é a participación, e que manteñamos alto o noso sentidos críticos, senón ficarán libres para facer o que lles de a gana...sen oposición ningunha

Anónimo -

A verdade é que os políticos que nos tocaron en sorte quítanlle o interés pola democracia a calquera. Menuda merenda de negros que está feito o país!!!