Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A CAIXA DE PANDORA

A CAIXA DE PANDORA

 

.

            Os fascistas, que viviron a tranquilidade da transición, que por moitas e moi gordas contas que tiveran pendentes, nade lles molestou, crecéronse, e agora foron a por Garzón cando intentou escaravellar no franquismo. Eles non comprenden a dor allea, nin se  arrepinten do pasado.

             O PP non entende agora a defensa de Garzón que fai o pobo, falan da independencia do Poder Xudicial cando eles mesmos son os primeiros en atacala. Non atacaron solo a Garzón, como rébancha polo caso Gürtel; atacaron á policía, ós xuíces, á democracia, ós grandes expresos europeos, ó xudaísmo internacional e a todo aquel que lles destape os trapos sucios.

             Despois de mais de 30 anos da morte do dictador, o franquismo segue sendo tabú. Os mesmos franquistas, coa súa arrogante persecución a Garzón, destaparon a Caixa de Pandará, e nade é capaz de sabe-lo que vai saír de aí. Polo de pronto, é moi posible, pra nosa vergoña, que os  descendentes de exiliados inicien un carrusel de accións xudiciais en contra dos represores, deixando en ridículo á xustiza española.

             Tanto dentro de España como fora dela, nade entende que unha organización como a Falanxe vai camiño de sentar no  banquiño o único xuíz que hasta agora intentou facer algo polas víctimas da dictadura. Non se está acosando a un xuíz, estase atacando ó mais básico da dignidade, o xuíz é un medio  unha escusa.

                 A xustiza actúo alegremente, e agora atópase cunha pataca quente na mans. Deben  ter claro que O poder Xudicial é un órgano pra goberno dos xuíces, non da sociedade e non confundi-lo intres xeral coa  incomprensible postura dun xuíz que pretendeu que o Consello do Poder Xudicial prohibira o acto de apoio a Garzón celebrado na Complutense; pola súa parte o PP, lonxe de introducir sosego, vótalle gasolina ó asunto,  porque non ten sentido de Estado, nin sensibilidade coas víctimas, moita xenreira hacia Garzón e  demasiados franquistas na organización.

              En Galicia non houbo un fronte da guerra civil, pero houbo  xenocidio, vexacións e acoso, que é o relevante; por es estou co xuíz mais coñecido do mundo.

3 comentarios

Anónimo -

A min paréceme moi lexítimo que os descendentes e os familiares do milleiros de españois asasinados e torturados polo réxime franquista teñan a esperanza de saber que foi dos seus restos.
Pode ser que o procedemento do xuíz Garzón non sexa o máis correcto (de iso xa se encargará o Supremo), pero moralmente esa xente ben merece un desagravio

Desiderio -

En Democracia calquera asociación legal ten dereito a acudir aos tribunais, á marxe da ideoloxía dos seus membros os do que prediquen os seus estatutos.
O que non se pode pretender e xulgar en sede xurídica aos mortos. A morte dun implicado nun delito liquida a súa responsabilidade penal, que non é transmisible aos seus descendentes nin a quen teñan ideoloxía similar.
Os procesos políticos quedan para historiadores e periodistas. Por iso creo que aprobar una Lei de Memoria Histórica é ridículo.

Recamán -

O máis incrible desta historia é que os descendentes directos daquel horrendo réxime, Falanxe Española, son os que conseguen poñer no banco dos acusados, a un Xuíz por tentar aportar algo de luz sobre todas as que fixeron os seus antepasados.