Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A PIÑAS

A PIÑAS

 

             A CRTVG, deixou de ser unha canle de noticias, pra converterse ela mesma en noticia. O novo réxime trouxo moitos cambios. O esencial é servir de medio de propaganda ó Xefe máximo. Os profesionais da información non o teñen doado; a calquera nivel pódense atopar cun comisario político, con            xente sen cualificar colocados polo réxime, pouco dispostos a traballar, ou  con imprevistos, que serían chungos, se non houbera un transfundo político. O ambiente é enrarecido, de     desconfianza, nunca sabes a ciencia certa con quén falas. Os procesos selectivos públicos de persoal están paralizados, é que o problema é que xa non hai onde senta-lo persoal.

                A Canle diríxese dende San Caetano e as ordes execútanse mano militare. No é estraño, como pasou neste plácido abril, que o persoal ande a piñas; a primavera a sangue altera.

                Antes oías falar en galego, agora nos pasillos case non se escoita. Xa non está ben visto falar en galego, e o que o fala convértese en sospeitoso.

                Un comentario de ·groba· da pasada semana, amosaba coñecer moi ben algunhos personaxes do actual goberno da Xunta, faltoulle dicir algo da crtvg. Si en San Caetano hai tomate, alí hai unha tomateira.

1 comentario

Anónimo -

A Crtvg hai moito tempo que é un pozo sen fondo, ninguén foi quen na historia da Autonomía de poñer algo de orde nesa casa de tolos.
Ao final terminou por converterse nun xoguetiño de quen ocupe o poder!!