Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TAMEN R

TAMEN R

           A venta de R non se pode desligar da operación de fusión das caixas, o que nos leva a profundas reflexións: En primeiro lugar, o goberno galego estivo subvencionando R durante os últimos anos, deulle entre 40 e 50 millóns de euros. Si non é un accionista nominal, polo menos é un partícipe moral, e algo tería que dicir. 2º A operación de Caixa Nova e do mais puro e anónimo capitalismo, e si esa vai ser a liña das caixas, que se banquericen dunha vez. 3º As axudas da Xunta, co fin que se lles deron, supoñen un enriquecemento inxusto da Caixa de Gayoso, á costa de tódolos galegos, e un trato discriminatorio pra Caixa Galicia.

           Se as Caixas non van apoiar o tecido productivo, a innovación, e definitiva o desenvolvemento do pais, que compitan no sector financeiro, coas mesmas ferramentas, coa mesma baralla que a banca privada.

           Vai ser que Feijoo tiña razón, Gayoso é un gran no cu do sector financeiro galego. Tanto Gayoso como Méndez considéranse os donos das caixas; cando as caixas son de Galicia  eles uns empregados que xa debían estar xubilados.

           O tan inquedo alcalde de Vigo agora quedou calado, !será tamén que a súa hora está chegando!.

           Que Gayoso devolva as subvencións, sería o mais xusto, pero non o vai facer. Non entra no seu modus operandi  facer tal.

            A sociedade de capital risco que se fai con R vai a proceder como fan este tipo de sociedades; Galicia unha vez mais perde.

            Pola miña parte xa renuncio a ter un teléfono de R. e, tamén, teño un modelo menos ó que admirar, nesta vida, e neste pais. Os heroes teñen os pes de barro e, pra mais, de barro contaminado. Polo menos que nos deixen a dignidade.

3 comentarios

35LA5V -

O caso de “R” é un retrato da forma de ser e actuar do Lobby Coruñés, xa que quen venderon son maioritariamente empresas da Coruña, co seu concello á cabeza por medio da empresa que xestiona a auga desa Cidade, xunto a Gadisa, Estrela Galicia e o banco Pastor.
Esa é a galeguidade das empresas da Coruña, véndeno todo, e logo veñen co engano de que por BEN DE GALICIA hai que fusionar as caixas de forma equilibrada e paritaria, cando é Caixagalicia a que creou o problema e aínda por riba pretende que sexa Caixanova quen o solucione.
Galicia DEBE TOMAR NOTA, se “R”, segue sendo galega é grazas a Caixanova, é dicir Vigo e o sur de Galicia, que para maior exemplo do que é a GALEGUIDADE manteñen a sede da empresa na Coruña, precisamente onde non fixeron nada por manter a súa parte da propiedade galega de “R”. Sr. Losada, Alcalde da Coruña,.
É para sentir vergonza allea, pois agora Caixanova está recibindo criticas e presións ante a posibilidade de que puidese vender tamén un 30% a CVC. Resulta que os coruñeses poden vender seu 35% dunha empresa que ten a sede na súa cidade e non reciben ningunha critica, pero se ao final fixese o mesmo Caixanova entón iso ESTARIA MAL.
Así actúan na Coruña...

Anónimo -

Agora é R A mellor empresa de España en servizo de internet segundo todos os medios que fan probas e medicións. Unha empresa que aposta pola tecnoloxía que é o que nestes momentos da traballo de calidade e fai país.
Pois nada Caixanova APUÑALA a este país polo lombo, unicamente para conseguir fondos e beneficios que a poñan mellor que Caixa Galicia na súa carreira de fusión. Non nos equivoquemos, se non fóra isto, non a venderia porque R é moi lambeteira e rendible. O mesmo para o Banco Pastor. Un banco que olla polos galegos segundo a súa publicidade.
E que dicir do "malo será..." e vivir "como galegos" de Gadisa ou Tojeiro!!! Outra vez traizoados pola falta de interese dos empresarios polo futuro da súa terra de orixe. Ínchaselle a boca de dicir que son supergalegos e o que son é especuladores e ademais burros por soltar e vender empresas produtivas e de futuro, con tecnoloxia punta.

Anp -

Pois como sempre. As "xoias" económicas galegas son vendidas por aqueles que se inchan o peito co "sentimento de galeguidade". Primeiro foi deixar marchar a Fenosa, aos poucos ata que Gas natural levouna e desinvertiu en R ademas de ensinarnos o ben que nos vai agora o negocio eléctrico cos cataláns. Claramente a peor xa que as decisións investidoras e de mellora na rede non se toman en Galicia por persoas que coñecen as necesidades e oportunidades desta terra.