AVENTA DA BURRA, vender é o que importa
Estaba fronte a unha pescadería vendo a exposición de productos, marabillosamente ordenados, destacando os rodaballos e os peixes sapo. Entón recordeime da canción do rodaballo, tamén da Conselleira de Pesca, dunhas declaracións súas ós medios de comunicación e decátome de que o mais importante, o que queda na memoria coléctiva é a venda acertada do producto. Facer cousas, desenrolar proxectos acertados, non é o importante, o importante é vendelos ben; a Conselleira do Mar así o entendeu, case un tercio do que gasta destínao a propaganda e a gastos suntuarios a eso hai que engadir inversións significativas a empresas privadas que executan a política de inversións, axudas e desenrolo. Preguntaredevos, o mesmo que eu: ¿e logo qué fan na Consellería de Pesca?, eso é un misterio; o que si parece certo é que a Conselleira tenta elimina-lo protagonismo da Xunta.
As políticas de investimentos están dirixida polos intereses particulares, eles determinan os obxectivos e elixen o cómo e o ónde; tal é o caso mais coñecido de Pescanova. O verdadeiramente incomprensible é o apoio do PSOE a esta política, con invasión da Rede Natura e a privatización da costa.
Na liña de austeridade da Xunta, recordemos que, nada mais tomar posesión, encargou un coche do trinque de gama alta; contrasta este despilfarro cos recortes o ensino, pra formación de profesionais da pesca, e coa anulación dun contrato de compra dun helicóptero de salvamento; ela non vai ó mar, ó menos a traballar, e un mariñeiro, mais ou menos, non importa.
Blanco, o Ministro de Fomento, vai suplir a desidia da Conselleira do Mar e o seu abandono das xentes do mar; comprometeu 21,5 millóns de euros pra mercar un helicóptero de salvamento pras costas galegas, esto á Conselleira faille un tremendo ardor de estómago, pero pra eso no hai como unha boa mariscada.
Despois de oito anos desatasca o ferrocarril ó porto de Ferrol. O mesmiño que Elena Alvarez.
0 comentarios