CABREADOS
Pra cabreados, coas falsas promesas de Feijoo, os vigueses. Votáronlle os cans a Feijoo cando pretendía facer un acto de propaganda, co gallo dunha inauguració, en Vigo. Impedíndolle celebralo. A Feijoo saíulle ben un acto similar celebrado en Pontevedra; pensou que todo o monte é ourego, e en Vigo saíulle o tiro pola culata. Os vigueses están moi cabreados por facerlles un hospital mais pequeno do proxectado polo bipartito, e por riba, de xestión privada. Feijoo quixo ser tan chulo como no acto celebrado en Pontevedra, menosprezou ós vigueses, e así lle foi.
Un día despois do incidente, Feijoo volveu a Vigo pra elevar ós altares das promesas municipais a Corina. Alí estaba a flamante candidata á alcaldía, prometendo un mundo feliz, aínda que sexa sen hospital. Pra eso ela é enfermeira. Os 30.000 parados que hai na cidade son por culpa do actual alcalde, non da inoperancia da Xunta, segundo afirmación da inefable Corina, o PP sabe como crear emprego, palabras súas. E digo eu, si o PP sabe como crear emprego, ¿qué fan?. Gústame o certeira que é na diagnoses da doenza e o claro que ten quen é o culpable. Atérrame pensar que cesto pode facer con eses vimbios na alcaldía de Vigo. Pra mais recochineo felicitou, publicamente a Feijoo por ese magnífico hospital que vai facer en Vigo. Pra ver cousas hai que estar vivo.
É graciosa a carantoña que lle fai Feijoo ó saudar a Corina. ¿Tería Corina alcatreo?. ¿Daranlle repelos as mulleres?.
5 comentarios
Anónimo -
Se Vigo non medra máis é porque en moitas ocasións eses mesmos caciques locais (como o actual alcalde) prefiren chantaxear á cidade a cambio de progresos persoais.
No das Caixas, o exemplo foi de libro. Bombardeouse por parte dunhas 50 ou 100 persoas a unha cidade con mensaxes catastrofistas inventandose datos, encargos e solvencias.
Convenceuselles de que Caixanova non necesitaba axuda pública, cando o propio Banco de España forzouna a negociar porque si a necesita (ollo que nun exemplo de honradez o señor Pego recoñeceuno o pasado Novembro "tal como a coñecemos Caixanova non poderá seguir existindo")
E azuzouse unha campaña antigalega e anticoruñesa cun lobby inventado que muñía estranas conspiracións para marxinar 'unha vez máis" á cidade viguesa. Nada era certo. Nada.
Afirmáronse cousas tremendas: "caixagalicia está quebrada", "caixagalicia está intervida", "quérennos roubar a sa caixanova", 'o banco de España encargou a Gayoso que lidere a fusión", "podemos liderar multiples SIP fóra de Galicia"
E moita xente na súa inxenuidade, bombardeada durante anos polo victimismo dos voceiros que non queren o progreso de Vigo, crérono. Foron a unha manifestación de boa fe e viron como se manipulaba todo, empezando polo numero. E agora resulta que descobren que todo era unha montaxe. Que a fusión ao final a quen vai beneficiar é a Caixanova, cuxos mandos altos están perplexos ante a actitude cerril do lider.
Hai disensións moi serias na cúpula de Caixanova porque os números actuais non cadran, a venda de R é un exemplo. As
filtracións contraditorias, outro.
Anónimo -
Canta merda hai na cidade, por deus...
Berzoteiro -
Non sei que pasa na cidade olívica, pero a cada un que chega é pior co anterior.
¿Para cando un alcalde en Vigo á altura das circunstancias e das necesidades da primera metrópole do país? ¿Para cando políticas da Xunta decididas a prol do primeiro núcleo industrial de Galicia?
As preguntas de sempre...
Val Miñor -
Nesta cidade perdeu Fraga a maioría despois de 20 anos no 2005, e catro anos despois seguiu o mesmo camiño Touriño.
Ao final moitos vigueses vanse sumando a iso que no Faro de Vigo se chama "o sindicato dos cabreados", como tan ben comenta o autor do blog.
Iso si, Feijoo presume de vigués sempre que se achega polas Rias Baixas (e coa boca pequena cando anda polo norte da comunidade, claro). Este home é un oportunista...e claro, a xente logo se cansa de contos.
Lago -
Ja,ja,ja...