Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PRESTAMOS E SINECURAS

PRESTAMOS E SINECURAS

 

             As Pymes, os autónomos e as familias saben que non é  doado conseguir crédito e que a falta de financiación os afoga. Non todo  o mundo pasa esas estreiteces; empregados, membros dos consellos de administra e familiares, nos lles afectou a crises crediticia e non tiveron ningún atranco pra obter un crédito. Cífranse estes créditos en mais de cuarenta millóns de euros. Como diría Caneda: pata menuda.

             Os partidos políticos obtiveron da banca créditos a esgalla, nas mellores condicións pras súas campañas electorais.

             Todo ten unha explicación. As razóns financeiras e a súa relación coa banca obrígalles a paga-lo favor, acosando as caixas, pra deixar espacio libre á banca.

             Neste entremés teatral que representan as caixas co gallo da fusión, non solo vimos ese papel dos directores das caixas, presentándoas como algo seu, senón tamén eses instriónicos xestos dalgúns membros dos Consellos de Administración das Caixas. Claro, o asunto da fusión é un tema secundario; aquí o que verdadeiramente importa é o poder e repartirse ós cartos.

             Ser membro do Consello de Administración dunha Caixa vale mais que ser Conselleiro, de aí, unha das razóns das pelexas do Presidente da Xunta e os alcaldes.

             Visto o visto, o mellor é que sexa un banco mais. Non merece a pena  ter a mais mínima paixón polo asunto

0 comentarios