Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿É RENDIBLE A CORRUPCION?

¿É RENDIBLE A CORRUPCION?

 

            Algúns próceres do PP din que o PP é incompatible coa corrupción; o  feito é que o PP é unha leira  ben  estercada; non será compatible o PP coa corrupción, pero hai que ver como se lle pega. Non solo é o caso Gürtel, que parece un caso de corrupción institucionalizada; Ana Mato e o seu ex, o presidente da Deputación de Castellón o expresidente de Baleares, os espionaxes de Madrid, o irmán dun Conselleiro da Xunta, as mocións dos concellos, concesións de explotación de servicios públicos, a TVG, o das Somozas, as probas de acceso á Función Pública e un longo etc.

            Malia o que chove, teño as miñas dúbidas de que lles pase factura electoral a corrupción. O PP ten un suelo electoral alto, e os seus electores son fieis ó partido, e nin a corrupción, nin a sarabia lles vai facer cambiar o sentido do voto. O mesmo que os demais votantes ocasionais, dan a corrupción como o feito normal de facer política, por  algúns políticos. Pra poñer un exemplo, si gobernando outra opción política pasara o que pasou nas probas de acceso á Función Pública, terminaríase armando unha boa, pero pro PPg será mais levadeiro que un espirro.

             Que o PP ve na corrupción un feito bastante habitual de facer política despréndense da postura que amosou na recente reforma do código penal. Por moito que lle tenderan pontes, incorporando tipos novos e agravantes pra outros, a inclusión da corrupción como un tipo de delicto, non foi do agrado dos Populares, que viron no Código Penal un perigoso elemento. Trillo buscou escusas pra non aproba-la reforma, aínda que no fondo todos sabían cal era o motivo

2 comentarios

Boutureira -

Hai moito político, e outros que pasan por selo, que entenden o servizo público como un periplo no que encher as alforxas mentres dura.
Ao final se cachan a un sempre quedará o graneiro ben cuberto (se fuches o sufientemente listo para poñelo a bo recaudo, a nome dalgún testaferro, claro).

Eubensei -

"o PP non será compatible coa corrupción...pero hai que ver cómo se lle pega"...ja,ja!!! Moito me rin con esta sentencia túa. Como o conto de marras, "Eu como que non quería...pero ao final!!""