Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NA CORDA FROXA

NA CORDA FROXA

 

           España precisa aforrar mais de 30.000 millóns de euros ó ano, algúns rebaixan esa cantidade e din que 12.000 millóns.  Hai quen pensa, asústme, que podía precisar España cerca de 300.000 millóns de euros, pra ter unha economía solvente e saneada. O Goberno está traballando no asunto. A última cantada, non medida, foi ese aforro de 20 millóns de euros, mediante a supresión de algúns membros de Consellos de Administración de empresas públicas. 

            Tódolos xornais económicos do mundo prognostican malos augurios pra economía española, dubidan da capacidade do goberno pra xestiona-la crise. Non me estraña, despois de ese asombroso aforro de 20 millóns de euros e de non cumprir ningunha das promesas que a Ministra Salgado fixo, pros mercados financeiros, en Londres.

              A credibilidade de Zapatero, a nivel internacional, é nula; a eso hai que engadir un grado de corrupción, principalmente na oposición,  inaudito; o que nos leva a que os mercados, cada vez mais, desconfíen de España e nos  vexan como un serio candidato a que sigamos o camiño grego.                                                                                                                                                                                                                                                                  

              Indo ó asunto: Os mercados  non creen que a economía española varíe o rumbo e logre reduci-lo déficit nos termos  que esixe Bruxelas. As compañías que valoran os riscos rebaixaron a          calificación a España. Eso é soamente un aviso. Posiblemente siga perdendo  crédito a economía española, o cal non é unha broma, e está cundindo o medo.

1 comentario

Vincios -

Pois si, o Estado atópase coa auga ao pescozo...pero eu non escoito nada das autonomías, eses pozos sen fondo. Canto falta para vaian entrando na quebra? Rematáronse os reinos de taifas, paréceme a min